Avaliación
Aquí describiremos ao alumnado como se avaliará o seu traballo e o produto final realizado.
Esta ferramenta permítenos medir o traballo do alumnado mediante unha gran diversidade de criterios graduados.
Os criterios de avaliación serán coñecidos polo alumnado antes de comezar a realizar as tarefas.
Ademais do traballo individual, avaliaremos o funcionamento do traballo en grupo e de todo o proceso de realización da webquest.
A primeira vez que realicemos unha Caza do Tesouro elaboraremos unha rúbrica que nos sexa de utilidade para avaliar o traballo do alumnado e tamén engadiremos uns criterios de autoavaliación que obrigarán ao alumnado a reflexionar sobre o seu propio traballo.
Hai servizos en internet que nos facilitan a elaboración das rúbricas de avaliación. Un deles é Rubistar que permite crear rúbricas para avaliación dun xeito moi doado.
Polo que se refire á avaliación das cuestións propostas no apartado de "Preguntas", recomendamos correxilas, en gran grupo, entre todos os membros da clase. Entre todos e todas darémoslle validez ás respostas aportadas. Neste apartado a puntuación final será a suma de acertos obtidos nas respostas ás cuestións.