Este curso un dos obxectivos do noso equipo de biblio é facer a nosa biblioteca de centro máis atractiva e accesible para todo o alumnado. Unha das accións levadas a cabo para acadar este obxectivo foi a da creación da pequeteca na planta baixa do centro.
Como vedes, está sendo todo un éxito entre os máis peques do cole!
EN NADAL O MELLOR AGASALLO, UN LIBRO!!!!!
Dende a BiblioAcuña deixámosvos unhas recomendacións lectoras para que non esquezades incluir un libro entre os agasallos de Nadal. Pois, como dicía fai moitos séculos M. T. Cicerón: "Unha habitación sen libros é coma un corpo sen alma".
Para ver con maior claridade abrir o pdf adxunto.
CONTACONTOS NA BIBLIOACUÑA
Celebramos o día das bibliotecas na BiblioAcuña cunha contacontos de altura: Sabela Gago, que nos deleitou a todas e todos cos seus relatos.
Para os máis maiores trouxo un conto moi interesante ademais de divertido titulado A galiña máis fermosa do galiñeiro. O compañeirismo, o esforzo, a amizade, valorar os aspectos positivos que todos temos para aportar... foron algúns dos temas tratados no conto.
Os máis pequenos pasárono en grande con Martiño e o lapis máxico. As formas, cores, sentimentos, emocións e outros conceptos que se traballan nos primeiros cursos foron desfilando durante a actuación.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer