BiblioAcuña celebra o día do LIBRO
O equipo da Biblioteca do CEIP M. L. ACUÑA, nun intento de reforzar lazos entre todos os membros da comunidade educativa, pide a colaboración das familias do alumnado para contar contos ou historias.
Na semana do 17 ao 21 de abril escolle a mañá e a hora para vir contarnos un conto, historia, etc. Celebraremos desta forma o día do libro, 23 DE ABRIL, adicándolle unha semana enteira.
Se vos gusta contar ou ler contos ou tendes historias interesantes que compartir a BiblioAcuña estavos esperando.
Recortade a parte inferior e devolvédea cuberta cos datos solicitados. Moitísimas grazas!!!!!!!!!!
Contamos con vós !!!!
.....................................................................................................................................................
D/Dna............................................................................................................................................
Nai/ pai / titor/...............do alumno...................................................................................................
Propoño o dia........ás.........horas para a actividade de contacontos na BiblioAcuña.
Teléfono de contacto....................................................
Ourense, ...............de...................... de 2023
Asinado
Celebramos a semana da prensa na escola con distintas actividades na aula. Os máis cativos do cole enfocaron a actividade cara o lado máis lúdico e creativo. Os máis maiores estudaron as diferentes seccións do xornal, as partes dunha noticia, etc.
O alumnado de 4º de Infantil coas súas creacións.
O alumnado de 5º e 6º de Infantil escribiu bonitas palabras coas letras dos xornais.
O alumnado do primeiro ciclo formando frases coas palabras recortadas do xornal.
O alumnado de 3º e 4º xa sabe cales son as partes dunha noticia.
O alumnado de 5º de primaria leu o xornal "online" .
Os alumnos e alumnas de sexto moi concentrados nas súas actividades.
Na BilioAcuña celebramos o día de Rosalía co recitado dos seus versos por parte do alumnado máis maior do centro, acompañados á guitarra polo profe de música.
Os máis cativos fixeron uns bonitos murais:
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer