Celebramos a semana da prensa na escola con distintas actividades na aula. Os máis cativos do cole enfocaron a actividade cara o lado máis lúdico e creativo. Os máis maiores estudaron as diferentes seccións do xornal, as partes dunha noticia, etc.
O alumnado de 4º de Infantil coas súas creacións.
O alumnado de 5º e 6º de Infantil escribiu bonitas palabras coas letras dos xornais.
O alumnado do primeiro ciclo formando frases coas palabras recortadas do xornal.
O alumnado de 3º e 4º xa sabe cales son as partes dunha noticia.
O alumnado de 5º de primaria leu o xornal "online" .
Os alumnos e alumnas de sexto moi concentrados nas súas actividades.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer