Este ano haberá moita arte...

INFORMACIÓN XERAL

Estimadas familias:

Estamos a vivir unha situación delicada, sumada á intranquilidade que conleva non estar preto de vós nunha ponte tan longa. Dicirvos que estamos en contacto con Sanidade en todo o momento que eles nos demandan. O noso traballo, unha vez Sanidade nos comunica o contacto positivo, é marcar os contactos estreitos na aplicación EDUCOVID. A partir dese momento, confiamos en que o seguinte paso sexa que contacten vós e actúen dentro do plan deseñado para cada caso.

 Lembrade:

  • que aquel alumnado que non poda acudir ao centro será atendido baixo as directrices do Plan de Ensino Virtual do Centro.Os mestres seguirán traballando cando a súa aula estea pechada ou o seu alumnado confinado. 

  • estamos dentro da primeira avaliación e serán os mestres os que decidan como avaliar, se de forma presencial ou virtual, dependendo do caso e da realidade coa que se atopen.

  • o colexio respectará as decisións de Sanidade, que poden variar nas seguintes horas. Estamos á espera de como se efectuará o cribado.

  • o colexio a día de hoxe seguirá aberto. Se houbese que pechalo serían as Xefaturas correpondentes as que o determinen.

  • o alumnado non afectado nin confinado poderá seguir acudindo a clase. Seguiremos a adoptar as medidas preventivas e mantendo os Grupos Estables de Convivencia.

  • serán as autoridades sanitarias, o profesorado e o equipo directivo o que vos comunique oficialmente as actuacións ou medidas a adoptar.

Pola nosa parte, expresar as nosas ganas de seguir traballando para que isto saia adiante.