Este ano haberá moita arte...

FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/22

ojo-imagen-animada-0282

 

Onte,  20 de maio, publicouse no DOG a convocatoria anual para solicitar axudas para a compra de libros de texto, material escolar e/ou participar no préstamo solidario de libros de cara ao vindeiro curso 2020/21. Estas axudas son exclusivamente para o alumnado que cursará estudos de Educación Primaria ou Secundaria o vindeiro ano académico.

O prazo comeza o 21 de maio e durará ata o 22 de xuño.

Enviaremos, a través do alumnado, a folla de solicitude para que todas as familias a teñan na casa.

A podede entregar de maneira TELEMÁTICA (A través da Sede Electrónica da Xunta) ou ben SOLICITAR CITA PRESENCIAL no noso cole para a Secretaría a través do teléfono 981617130, o horario será de 9:30 á 13:30h e os luns de 16:00 á 18:00h.

Os alumnos e alumnas que están admitidos noutros centros educativos ou que o vindeiro ano cursan os estudos Secundarios, deberán entregar estas solicitudes no centro onde estarán o próximo ano.

 

A continuación deixamos enlaces con información de interese para esta convocatoria.