Este ano haberá moita arte...

PRESTACIÓNS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN CURSO 2018/19

O día 6/6/18 publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, o extracto da convocatoria de bases específicas do procedemento para a solicitude das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2018/2019.

As bases completas podedes atopalas en:

-Base de subvención do ministerio

-Web do COncello de Oleiros.

¿QUE SON AS PRESTACIÓNS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN?

Son unha das medidas pola inclusión social, posta en marcha pola Concellería de Servizos Sociais e Sanidade do COncello de Oleiros, co fin de axudar a aquelas familias, nunha peor situación económica, a asumir os gastos extraordinarios que provoca o incio do curso escolar.

Os importes destas axudas serán:

-2º cilco de educación infantil: 70€

-Educación Primaria: 80€

-ESO ou ciclo formativo equivalente: 90€

-Bacharelato ou ciclo formativo equivalente: 110€

Ás prestacións concederanse  polo sistema de concorrencia competitiva, ata esgotar orzamento. As familias coa renda per cápita máis baixa serán as beneficiarias das ditas axudas.

PRAZOS

Vinte días naturais que empezarán a contar dende o día seguinte á data da publicación da convocatoria no BOP. O PRAZO REMATARÁ O 26 DE XUÑO (inclusive).

A publicación da listaxe provisional expoñeranse ao público con todas as solicitudes presentadas e os requirimentos que se fan de documentación naquelas que estean  incompletas. Comunicarase ás persoas solicitantes por SMS.

¿ONDE SE PODEN PRESENTAR AS SOLICITUDES?

No Rexistro Xeral do Concello de Oleiros en hoario de 8:30 a 14:00 horas.

¿ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

Nas dependencias da CIncellería de Servizos Sociais e Sanidade do Concello de Oleiros.

AS PERSOAS BENEFICIARIAS DAS AXUDAS DEBERÁN PRESENTAR DESPOIS DA ADXUDICACIÓN , FACTURAS QUE XUSTIFIQUEN O GASTO REALIZADO (non valen tickets, nin calquera outro documento no que non se identifique a persoa que realiza o gasto), de non ser así, estarán na obriga de REINTEGRAR O IMPORTE DA AXUDA.