MATRÍCULA NOVO ALUMNADO

 

DOCUMENTACIÓN  necesaria para a matrícula:

       Solicitude acordo co Anexo III-1  

       3 fotografías tamaño carné.

       Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a alumno/a

       Fotocopia do libro de vacinas

       Fotocopia do DNI do alumno/a (se o ten)

       Fotocopia do DNI dos proxenitores/titores

Ademais deben cubrir os seguintes impresos: 

       Autorización de saídas

       Autorización uso da imaxe.

       Ficha informativa para Educación Física

       Enquisa sobre a lingua do alumnado

       Autorización a persoas para a retirada do alumno/a.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (DOG do 20 de maio de 2019)

 

A Consellería ven de publicar a Orde do 03 de maio de 2019 (DOG 20 de maio) pola que se regula o Fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

O alumnado matriculado en cursos incluídos no E-DIXGAL no curso 2019/20 está excluído da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para material escolar e á establecida para alumnado matriculado en Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO    Äalumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e en 1º,2º,3º e 4º de educación secundaria obrigatoria no vindeiro curso escolar.

Contía das axudas:

Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €

6 libros

Alumnado con renda per cápita familiar entre 5.400 € e 9000 €

4 libros

Alumnado tutela Xunta ou discapacidade superior ao 65%

6 libros

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO   Äalumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria no curso 2019/20.

Contía das axudas:

Renda per cápita igual ou inferior a 5400€

170€

Renda per cápita superior a 5400€ e inferior a 9000€

90€

Para o alumnado matriculado en Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%

250€ con independencia da renda.

Para o alumnado en situación de garda ou tutela da xunta

contía máxima con independencia da renda.

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR   Äalumando matriculado en Educación Primaria e en ESO con renda per cápita igual ou inferior a 5400€.

 

   

 

Contía das axudas

A contía da axuda será 50€.

 O alumnado en garda ou tutela pola Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% recibirán esta axuda con independencia da renda.

 

A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as admitidos no mesmo centro docente no curso 2019/20 e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no curso 2019/20 e ata o día 21 de xuño (este incluído).

 En todo caso, os documentos deben ser válidos no momento da presentación e reflectir a situación familiar e económica a  31/12/2017.

 

Prazos

Ø  Entrega de solicitudes:                                  ata 21 de xuño

Ø  Entrega de libros curso 2018/19                   ata 21 de xuño

Ø  Prazo para gravar solicitudes                        ata o 1 de xullo

Ø  Publicación listaxes provisionais                    2 de xullo

Ø  Prazo reclamar as listaxes provisionais    _ _3 e 4 de xullo

Ø  Prazo para gravar reclamacións                    8 de xullo

Ø  Publicación das listaxes definitivas                9 de xullo

 Nota: O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2019/20, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso actual.

 Poden descargar a solicitude e consultar toda a información nos arquivos adxuntos.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2019-20

Nos arquivos adxuntos poderán consultar as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2019-20.

                     LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS:

                    LISTAXES DEFINITIVAS DE NON ADMITIDOS/AS:

O prazo de interposición de recurso de alzada é de un mes contado a partir do día seguinte á publicación.
 

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

 

LEXISLACIÓN QUE REGULA O PROCESO

§  DECRETO 254/2012 do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

§  Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

§  Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG) pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013

§  Instrucións da D.X de Centros e Recursos Humanos e da Xefatura Territorial sobre o procedemento de admisión para o curso 2019-20

§  Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates

§  Resultado del sorteo

          SOLICITUDES

      Presentarase unha única solicitude segundo o modelo ANEXO II, que poderá:

a.       Recollerse no centro (Anexo II)

b.       Cumprimentarse na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

c.       Descargarse e cubrila de forma manual ou electronicamente: na sede electrónica da Xunta ou na páxina da Consellería http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923

 

Unha vez cuberto o formulario deben imprimilo (se é o caso) e entregalo no centro educativo. Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365 poden presentalo na Sede Electrónica.

 

     1.        A solicitude de admisión presentarase no centro indicado en primeiro lugar e poderá conter ata 6 centros por orde de preferencia.

     2.       A solicitude será única e terá carácter vinculante.

     3.       A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos/as comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura dos dous titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.    

        4   A solicitude dun posto escolar reservado a alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) deberá acompañarse da documentación xustificativa para o seu cotexo polo centro educativa.

 

As solicitudes virán acompañadas de:

     o    Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando deneguen a súa consulta automatizada.

     o    Copia do DNI ou libro de familia onde apareza a idade do neno/nena.

     o    Convenio regulador ou resolución xudicial en caso de separación ou divorcio.

     o    Para o alumnado xa matriculado noutro centro nun nivel de primaria: certificado de matrícula do centro actual. Os solicitantes deben comunicar a dita solicitude ao centro de orixe.

           É IMPRESCIDIBLE TRAER OS ORIXINAIS PARA O COTEXO DA DOCUMENTACIÓN

 

OUTRA DOCUMENTACIÓN:

Ademais de entregar o formulario de solicitude, aqueles que presenten a solicitude no noso centro deberán acompañala dos seguintes impresos:

 -- Ficha de datos persoais

 -- Solicitude para recibir clases de relixión/atención educativa/valores 

 -- Aceptación das normas de educación infantil ou normas de educación primaria

 

               HORARIO DE SECRETARÍA DURANTE O PERIODO DE SOLICITUDES: de luns a venres lectivos de 9:00-14:30.

              Os días 7, 12 e 20 de marzo tamén estaremos de 16:30 a 18:00h.

      

       PODEN CONSULTAR MÁIS INFORMACIÓN NOS ARQUIVOS ADXUNTOS.    

 - Calendario do Proceso de admisión

 - Criterios do Baremo

 - etc.

 

Ademais poden consultar os servizos ofrecidos pola ANPA: madrugadores, comedor, actividades extraescolares...

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

 

 

 

 

 

 

 

LEXISLACIÓN QUE REGULA O PROCESO

§  DECRETO 254/2012 do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

§  Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

§  Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG) pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013

§  Instrucións da D.X de Centros e Recursos Humanos e da Xefatura Territorial sobre o procedemento de admisión para o curso 2019-20

§  Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates

§  Resultado del sorteo

 

SOLICITUDES

Presentarase unha única solicitude segundo o modelo ANEXO II, que poderá:

a.       Recollerse no centro a partires do día 1 de marzo.

b.       Cumprimentarse na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

c.       Descargarse e cubrila de forma manual ou electronicamente: na sede electrónica da Xunta ou na páxina da Consellería http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923

 

Unha vez cuberto o formulario deben imprimilo (se é o caso) e entregalo no centro educativo. Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365 poden presentalo na Sede Electrónica.

 

HORARIO DE SECRETARÍA DURANTE O PERIODO DE SOLICITUDES: de luns a venres lectivos de 9:00-14:30. Os días 7, 12 e 20 de marzo tamén estaremos de 16:30 a 18:00h.

 

Poden consultar máis información sobre o proceso nos arquivos adxuntos.     

 

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Charla sobre representación da Terra

O pasado 11 de xaneiro o alumnado de 5º de E.P. de primaria, tivemos a sorte de contar con Alberto Varela, pai dun alumno e profesor de Enxeñeiría cartográfica na Universidade da Coruña.

A representación gráfica da terra, a importancia dos mapas, as distintas teorías sobre a forma da terra, os primeiros descubridores.... centraron as explicacións que nos axudaron a comprender mellor o tema que estamos a traballar na aula.

A charla contou cunha parte práctica na que nunha laranxa debuxamos os paralelos e meridianos, así resultounos máis fácil e divertido entendelos, e desde aquí queremos agradecerlle de novo a súa visita.

Bo Nadal, Equipo Tic

Distribuir contido