FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (DOG do 20 de maio de 2019)
A Consellería ven de publicar a Orde do 03 de maio de 2019 (DOG 20 de maio) pola que se regula o Fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
O alumnado matriculado en cursos incluídos no E-DIXGAL no curso 2019/20 está excluído da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para material escolar e á establecida para alumnado matriculado en Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO Äalumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e en 1º,2º,3º e 4º de educación secundaria obrigatoria no vindeiro curso escolar.
Contía das axudas:
Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 € |
6 libros |
Alumnado con renda per cápita familiar entre 5.400 € e 9000 € |
4 libros |
Alumnado tutela Xunta ou discapacidade superior ao 65% |
6 libros |
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO Äalumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria no curso 2019/20.
Contía das axudas:
Renda per cápita igual ou inferior a 5400€ |
170€ |
Renda per cápita superior a 5400€ e inferior a 9000€ |
90€ |
Para o alumnado matriculado en Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% |
250€ con independencia da renda. |
Para o alumnado en situación de garda ou tutela da xunta |
contía máxima con independencia da renda. |
AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR Äalumando matriculado en Educación Primaria e en ESO con renda per cápita igual ou inferior a 5400€.
Contía das axudas
A contía da axuda será 50€.
O alumnado en garda ou tutela pola Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% recibirán esta axuda con independencia da renda.
A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as admitidos no mesmo centro docente no curso 2019/20 e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no curso 2019/20 e ata o día 21 de xuño (este incluído).
En todo caso, os documentos deben ser válidos no momento da presentación e reflectir a situación familiar e económica a 31/12/2017.
Prazos
Ø Entrega de solicitudes: ata 21 de xuño
Ø Entrega de libros curso 2018/19 ata 21 de xuño
Ø Prazo para gravar solicitudes ata o 1 de xullo
Ø Publicación listaxes provisionais 2 de xullo
Ø Prazo reclamar as listaxes provisionais _ _3 e 4 de xullo
Ø Prazo para gravar reclamacións 8 de xullo
Ø Publicación das listaxes definitivas 9 de xullo
Nota: O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2019/20, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso actual.
Poden descargar a solicitude e consultar toda a información nos arquivos adxuntos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
sol FONDOLIBROS.pdf | 1.12 MB |
Orde Fondolibros e Axudas.pdf | 1.16 MB |
Circular informativa fondolibros.pdf | 513.99 KB |
modelo solicitude 2019 2020(1).pdf | 1.13 MB |