Cartografía

Os pasados días, 26 de outubro e 2 de decembro de 2015, o alumnado de 5º e 6º, respectivamente, asistiron no colexio, a unha charla impartida por Alberto Varela, pai de alumnos do centro.

En dita charla, tiveron a sorte de contar co saber e profesionalidade de Alberto, para reforzar contidos traballados na área de Sociais, e descubrir outos novos de xeito atractivo e práctico.Reiteramos de novo o agradecemento pola colaboración, en nome de todo o alumnado

     

Visita ao Museo de Historia Natural

Os alumnos e alumnas de 3º de E.Primaria, visitaron o pasado día 2 de decembro, o Museo de Historia Natural, reforzando asi o tema dos invertebrados, traballado na aula.

 

       

Encontros con autores, Gonzalo Moure

Gonzalo Moure, nacido en Valencia, estudou Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid. Traballou como xornalista entre 1973 e 1989, fundamentalmente na radio. Deixou esta sendo director dunha emisora de radio. Tamén escribíu en prensa, prensa especializada en música popular, televisión (como guionista) e publicidade.

As súas obras caracterízanse pola atención aos problemas sociais.

O 25 de novembro o noso alumnado de 5º e 6º de E. Primaria, tivo  as sorte de asistir a unha charla co autor dos libros que están lendo, Palabras de caramelo e Fango.

 

         

Distribuir contido