O vindeiro día 25 de novembro, celébrase o Día Mundial das persoas sen fogar.
Para conmemorar dita data, parte do alumnado de Educación Primaria do centro, participará nunha serie de obradoiros impartidos por traballadores do Centro de Inclusión HMDLEP de Teis.
Ditas actividades levaránse a cabo ao longo da mañán do venres 23 de novembro.
Durante esta semana teremos no centro de novo o planetario EduCaixa no centro, para o disfrute do alumnado.
Animacións, estrelas, microorganismos, ceos, constelacións e moita maxia neste entorno inmersivo...dende infantil a primaria.
Pola importancia que estas eleccións teñen para o colexio, animávosvos a que participedes co voso dereito a voto na xestión do centro do que os voso fillos e/ou fillas son alumnos/as.
O vindeiro Martes 20 de novembro de 2018 ás 17:00 a 18:00 desenvolverase o 2º obradoiro para ás familias "Disciplina Positiva: A Crenza detrás da conduta. Metas equivocadas" impartido pola nosa Orientadora, Doutora en Educación, Elena Fernández.
Rematada a sesión ás 09:36 da Xunta Electoral o pasado 14 de Novembro de 2018 difúndese:
Candidaturas rexistradas:
Está aberto o prazo de inscrición para participar no Programa municipal de conciliación 2018 Convocatoria Nadal, que se desenvolverá os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro de 2018 e 2, 3 e 4 de xaneiro de 2019, nas parroquias de Redondela.
Mañá Venres 16 celebraremos o Magosto no centro...Castanas e xogos Populares para esta época de especial relevancia.
Pregamos ás familias que traian unha presadiñas de castañas, os que non as trouxeran xa, e a deixen no comedor a primeira hora.
Agradecidos!!!