Blogues

Atletismo en Pista 5ºEP (29/03)

Mañá Venres 29 o alumnado de 5º de Primaria participará nun campionato escolar que se celebrará no CUVI xunto con outros centros de Pontevedra: 

  • - 500 metros lisos
  • - 60 metros lisos
  • - Lanzamento de xabalina - Vortex
  • - Lamzamento de Peso
  • - Salto de Lonxitude
  • - Carreira de relevos...

Todas elas probas clasificatorias para os provinciais intercentros. 

Obradoiro Paco Nogueiras EI (29/03)

O vindeiro venres 29 de marzo, o alumnado de Educacón Infantil participará nunha sesión de contacontos da man de Paco Nogueiras.

O autor visitará o noso centro para presentarnos a súa última obra "Radio Bulebule", unha radio "falangueira" que os vai facer pensar moito... un libro-cd-dvd que recolle 12 cancións e conclúe con unha pequena curtametraxe.

 

Actividade de Orientación Concello de Redondela (30/03/19)

Data: Sábado 30 de marzo de 2019

Horario: de 18:30 a 21

Ubicación: Centro de Deportes Acuáticos Chapela (Redondela)

Podedes facer a vosa inscrición gratuita (ata 4 participantes por equipo), elexindo algunha das seguintes categorías:

Toxiños: categoría para nen@s, sinxela física e técnicamente.

Toxos: categoría para adult@s, nivel físico e técnico medio.

Escola de Pais: Ciberseguridade

 

Hoxe de 17:30 a 18:30 Mercedes, policia nacional do corpo de seguridade na rede e participación cidadá, realizou unha charla moi interesante hoxe ás familias do centro na que puxo en evidencia os perigos da rede en idades temperás. 

Obradoiro Perigos Na rede Policia Nacional 5º+6º+Familias (25/26/03)

O vindeiro luns 25 de marzo o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participarán nunha sesión do Plan Director, impulsado dende o Ministerio do Interior e o Ministerio de Educación.

A sesión céntrase nunha charla informativa na que dan man de profesionais do corpo da Policía, abordaranse os riscos asociados a utilización da internet e as novas tecnoloxías.

Obradoiro Literario Ledicia Costas 5º+6º (26/03)

O vindeiro martes 26 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria contará cunha visita do máis especial: a escritora Ledicia Costas.

Saída Monte Vixiador EI+1º (26/03)

O vindeiro martes 26 marzo, o alumnado de 1º E.P e de Ed. Infantil, acudirán ao monte Vixiador para participar nunha actividade de coñecemento do noso entorno mais próximo da man da nai dos nosos compañeiros Telmo e Roque (inxeniera forestal).

MATRICULA 2019-2020: Preadmitidos/as

Achegamos listaxe de preadmitidos/as só a título informativo: 

Ver pdf

Distribuir contido