Lembramos ás familias que mañá Luns 29 de Abril é unha festividade local "Pascuilla" e non haberá actividades lectivas.
Achegamos as novas datas da ESCOLA de PAIS do centro para o mes de decembro, e requisito a preinscripción:
O vindeiro venres 26 de abril, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria terá a sorte de participar no II Día do Maior de Redondela. Ás 12 horas sairemos cara o complexo deportivo de Santa Mariña para participar, conxuntamente cos maiores, nas actividades propostas pola Cruz Vermella.
Achegamos link e cartel con información de 3 talleres de percusión electrónica a desenvolver no Concello de Redondela.
http://redondela.gal/gl/nova/xuventudetallerespercusionnovas2019
Dentro do marco do proxecto de educ. responsable que ten o centro coa fundac. Botín, este venres o o alumnado de 4º Primaria amosará unha obra de teatro chamada a "A paxariña de Papel" aos centros pertencentes a esta rede.
Unha oportunidade moi interesante para relacionarse con centros a nivel nacional e autonómica.
Os custos de transporte de esta actividade están sufragados integramente polo centro.
A asociación Érguete realizará a derradeira sesión sobre a saúde na escola o vindeiro Venres 05/04 no centro educativa no relacionado a promoción de estilos de vida saudables e redución de factores de risco asociados as drogas.
Achegamos a resol. provisional sobre as matrículas para o vindeiro curso escolar 2019-2020.
Mañán, martes 2 de abril, o alumnado de 3º, 5º e 6º de Educación Primaria terán a sorte de asistir a un pequeno faladoiro da man de María Ballesteros. Arquitecta de profesión desenvolveu o seu traballo, neste últimos meses, en Guinea Ecuatorial. Por iso, contaranos de primeira man como é o día a día dos cativ@s e das mulleres nese país centroafricano, que é o sexto productor de petróleo do continente africano.