Blogues

Obradoiro de Percusión Electrónica 6º EP

 Achegamos link e cartel con información de 3 talleres de percusión electrónica a desenvolver no Concello de Redondela.

http://redondela.gal/gl/nova/xuventudetallerespercusionnovas2019

Saída Santiago Compostela Educación Responsable 4º EP (05/04)

Dentro do marco do proxecto de educ. responsable que ten o centro coa fundac. Botín, este venres o o alumnado de 4º Primaria amosará unha obra de teatro chamada a "A paxariña de Papel" aos centros pertencentes a esta rede. 

Unha oportunidade moi interesante para relacionarse con centros a nivel nacional e autonómica.

Os custos de transporte de esta actividade están sufragados integramente polo centro.

 

 

Obradorio Saúde na Escola - Érguete 6º EP (05/04)

A asociación Érguete realizará a derradeira sesión sobre a saúde na escola o vindeiro Venres 05/04 no centro educativa no relacionado a promoción de estilos de vida saudables e redución de factores de risco asociados as drogas.

 

Resol. Provisional Matrículas 2019-2020

Achegamos a resol. provisional sobre as matrículas para o vindeiro curso escolar 2019-2020. 

Resol. Provisional.

Faladoiro Guinea Ecuatorial 3º+5º+6º (02/04)

Mañán, martes 2 de abril, o alumnado de 3º, 5º e 6º de Educación Primaria terán a sorte de asistir a un pequeno faladoiro da man de María Ballesteros. Arquitecta de profesión desenvolveu o seu traballo, neste últimos meses, en Guinea Ecuatorial. Por iso, contaranos de primeira man como é o día a día dos cativ@s e das mulleres nese país centroafricano, que é o sexto productor de petróleo do continente africano.

Conciliación Familias coa COCA SIMONA (Semana Santa)

Bos días, achegamos información da Concellería de Igualdade para participar no Programa municipal de conciliación 2018 Semana Santa.

O vindeiro luns 1 de abril ábrese o prazo de inscrición para participar no Programa municipal de conciliación 2019 Convocatoria Semana Santa, que se desenvolverá os días 15, 16, 17 e 22 de abril de 2019.

Contacontos 1º+2º. Sabela Fernández Trelles (04/04)

O vindeiro xoves 4 de abril, o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria participará nunha sesión de contacontos da man de Sabela Fernández Trelles.

Distribuir contido