Programa Municipal "Conciliación Nadal 2018"

Está aberto o prazo de inscrición para participar no Programa municipal de conciliación 2018 Convocatoria Nadal, que se desenvolverá os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro de 2018 e 2, 3 e 4 de xaneiro de 2019, nas parroquias de Redondela.

A ficha de inscrición e a normativa do Programa pódese consultar na páxina web do Concello de Redondela ou solicitalas nas dependencias municipais do Centro de información ás mulleres (CIM). O prazo de inscrición remata o venres 30 de novembro.

Para calquer información: Tel: 986 400 300