Para ser usuario da Biblioteca polas tardes, a partir de outubro de luns a xoves, as familias do alumnado de primaria terán que solicitar cita previa por correo electrónico para evitar problemas co aforo. O alumnado de Infantil poderá asistir se está acompañado dun adulto.
A través da conta: ceip.lamas.abade@edu.xunta.gal indicarase:
- Nome e apelidos do neno/a:
- Curso:
- Día e Hora: * se vai a ser usuario/a de xeito sistemático (todos os martes de 16:30-17:30 por exemplo) con mandar un correo indicando esta circunstancia chegaría. Non fará falta mandar aviso todas as semanas.
- Ten permiso para saír só do colexio para casa? Persoas autorizadas para recollelo/a?
Tamén lembramos que os pais/nais poden facerse usuarios da biblioteca. Indicarlle ao profesor/a que estea de garda na biblioteca ou a través do correo electrónico.
Durante o curso 2023-24, a nosa biblioteca foi o escenario dun apaixonante proxecto documental integrado titulado "¡A escena!".
A culminación deste proxecto foi a representación de varias obras de teatro, nas que os nosos pequenos artistas puideron amosar todo o seu talento e creatividade. Estas representacións non só foron un éxito rotundo, senón que tamén fortaleceron a convivencia e a imaxinación de todo o alumnado participante.
Estamos moi orgullosos do esforzo e compromiso mostrado por todos e cada un dos nenos e nenas, así como do apoio das súas familias e do equipo docente.
¡Que continúe a maxia do teatro na nosa comunidade educativa!
Hoxe o alumnado colaborador de 6º de primaria tivo a súa festa despedida da Biblioteca. Recibiron o agradecemento polo seu traballo durante este curso a través dunha merenda, un diploma e un recordo que agardemos lembren sempre e lles dea folgos para seguir colaborando coas bibliotecas dos distintos IES aos que chegarán o vindeiro curso. Moitas grazas, sorte e boas lecturas.
Dentro do programa de Biblioteca Creativa, o pasado venres 24 de maio, o alumnado de 3º de primaria participou nun obradoiro denominado “Caixas de Salvamento. Obradoiro de Poesía visual e voz propia”. Da man do artista Manuel Moranta os nenos/as sacaron a súa vena máis creativa para realizar unha “caixa de salvamento” partindo dos seus medos e inquedanzas. No interior desa caixa gardaron recursos para unha unha cura metafórica.
No seguinte enlace podedes coñecer máis sobre o autor.
Preme na imaxe para ver as caixas.
O martes 23 conmemoramos o Día do Libro con dúas actividades. Por unha banda saímos ao patio para facer a Hora de Ler e ao por outro lado, ao longo da mañá fíxose na biblioteca a “Mudanza de Libros”. As dúas actividades resultaron moi interesantes poñendo en valor a importancia da lectura e dos libros.
Amplíase ate o día 18 de abril o prazo para traer o libro.
Desde o Equipo de Biblioteca proponse para conmemorar o Día do Libro a actividade para o alumnado denominada “Mudanza de libros”.
Consiste en trocar un libro por outro. Durante a semana do 8-12 de abril cada neno/a que queira traerá un libro para doar e o día 23 levarase outro libro.
Cada titor/a recollerá os libros na aula e daralle un “marcapáxinas” a cada neno/a que lle servirá como "moeda" de cambio para coller outro libro o martes 23.
O luns 22 o profesorado baixará os libros que teñan á biblioteca para cambiar. O martes 23 expoñeranse na biblioteca e achegarase cada curso por quendas para que cada neno/a participante colla o libro que queira.
- Os libros que se traian teñen que estar en bo estado para que a persoa que o leve poida gozar del.
É un intercambio de libros, polo que, o libro que se traia non se recuperará.
No Lamas podemos presumir de ser moi festeiros! Premendo na imaxe podedes ver a montaxe das fotos coas que fomos enchendo o mural de entrada do cole para conmemorar o Día de Rosalía. Moitas grazas a todas as familias por participar. Agardamos non deixarnos ningunha foto polo camiño. As músicas son: "Has de cantar" de Uxía e "Festiña por dentro" de Habelas Hainas #oamordapatriagalega #DíadeRosalía24
VÍDEO MONTAXE ALUMNADO DE 6ºINFANTIL B
Tamén o alumnado de 6º de infantil B realizou unha fermosa montaxe dándolle voz a Rosalía de Castro. Desta maneira quixeron conmemorar o seu día. Premer na imaxe para ver o vídeo.
Xa nos están chegando as vosas fotos para conmemorar o Día de Rosalía pero aínda queda moito espazo no mural e para facer a montaxe de fotos. Agardamos as vosas fotos. Lembrade "O que vos pedimos é unha imaxe (foto-debuxo, en tamaño A5 ou A4 máximo) na que as familias saiades “ en festas populares, de foliada, bailando, cantando,...”. Botádelle imaxinación, coma sempre. Deberedes envialas por correo electrónico á: bibliotecalamas@gmail.com"