Articles

OBRADOIROS BIBLIOTECA CREATIVA POR PABLO OTERO.

Os días 15 e 16 de xuño tivemos para todo o alumnado do colexio uns obradoiros impartidos polo artista visual Pablo Otero. Enmarcouse dentro do programa Biblioteca Creativa. Foron os seguintes:

Obradoiro para todo Infantil e 1° A,B,C: "Como se fai un irmán maior?"

Obradoiro 2° A, B, C: Libro de artista e libro obxecto ligado á idea da comida.

Obradoiro 4° A, B, C e 5° A, B, C: “Mentiras máquinas”

Obradoiro 3° A, B, C: "A COUSA, Falsas entrevistas falsas".

Obradoiro 6° A, B, C: "Libro de artista libro obxecto comunitario".

            Foron dúas mañás moi intensas e cheas de creatividade. Grazas a Pablo polo seu bo facer.

 

  

Festa do voluntariado da biblioteca

Toca agradecer ás alumnas e aos alumnos de 6º o traballo realizado este curso escolar durante os recreos na biblioteca. Tomamos un petisco a media mañá e despedimos a este grupo de voluntarias e voluntarios desexándolles moita sorte na nova etapa que comezarán en setembro.

Desfrutade do vídeo clicando na imaxe.

Ata sempre!

Doodle do 1º de maio

Que vos parece o Doodle do 1º de maio que elaboraron as alumnas e os alumnos de 6º de educación infantil A? Fixádevos ben nos detalles porque contemplaron unha chea de profesións cos seus utensilios!!!

 

Doodle do 8M

O alumnado de 6º Infantil A estiveron a traballar o Doodle do 8M deste ano 2023, e recrearon a súa propia versión. Botádelle un ollo a este vídeo!!

Día do Libro 2023: "A maxia de ler no patio"

O Día do Libro celébrase cada 23 de abril para render unha homenaxe aos escritores e ilustradores que fan posible que gocemos de historías increíbles a través dos seus libros.

Para festexar este día tan especial, un curso máis, levamos a cabo a actividade: "Hora de ler no patio".

Esta actividade ofrécenos a oportunidade de fomentar o amor pola lectura así como gozar da maxia dos contos e das historias nun ambiente agradable e tranquilo.

No seguinte video queremos compartir con todos vós algúns dos momentos vividos nesta experiencia inolvidable.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

 

ENCONTRO CON CHARO GOLMAR.

Este xoves, a mestra e poeta Charo Golmar tivo un encontro co alumnado de Infantil 4 B. A autora de No bico do vento e Nobelo de luz faloulles da súa faceta de escritora, da súa relación cos libros e recitoulles uns fantáticos poemas.

Moitas grazas pola túa visita.

  

OBRADOIRO TOCA-TOCA

O entomólogo Miguel Santamaría fixo un obradoiro co alumnado de 5º infantil A e 1º e 2º de primaria, amosando unha gran cantidade de "bichiños". Aquí unha mostra:

+ Premer na imaxe: