Hoxe traémosvos o mural que elaboraron os nenos e nenas de 3º de primaria sobre o camño do inverno.
Fixeron un traballo estupendo e aprenderon moito deste camiño!
Deixámosvos unhas fotos.
Hoxe traémosvos o mural que elaboraron os nenos e nenas de 3º de primaria sobre o camño do inverno.
Fixeron un traballo estupendo e aprenderon moito deste camiño!
Deixámosvos unhas fotos.
Bo día rapaces e rapazas. Entramos na cuarta semana das Olimpiadas do Saber sobre o camiño de Santiago.
Neste caso o ratiño da biblioteca quérevos facer a seguinte pregunta.
Moito ánimo! Xa queda menos!
Ola rapaces e rapazas!
Xa investigástedes sobre o Códice Calixtino?
Recordade que cada semana teredes unha nova investigación que facer sobre o camiño de Santiago.
Aquí vos deixamos a segunda pregunta das Olimpiadas do saber.
Ánimo!
Bo día rapaces e rapazas!
Un ano máis damos inicio ás "Olimpiadas do saber". Como xa sabedes, o proxecto de centro é o Camiño de Santiago polo que, cada semana, o ratiño da biblioteca vos irá facendo unha pregunta sobre esta temática. No caderno que tedes, deberedes ir anotando a pregunta e, xusto debaixo, contestala.
Moita sorte!
Aquí tedes a 1ª pregunta.
Seguide camiñando!
Bo día!
Hoxe traémosvos unha novidade que podedes atopar na biblioteca. Temos unha pequena exposición con libros sobre o proxecto do centro, O camiño de Santiago.
Animámosvos a que vos acerquedes a velos e botárlles un ollo cando vaiedes a biblioteca. Hai algúns libros que seguro vos encantarán.
Se queredes levar algún para a casa podedes facelo na sesión semanal na que baixades co voso titor/a á biblioteca para facer os empréstitos.
Bo camiño!
Ola nenos e nenas!
Este mes tocoulles expoñer o seu traballo aos nenos de 4º sobre o Camiño de Santiago.
En 4º A estiveron traballando sobre a Vía da Prata e para explicalo de forma máis visual elaboraron este mural.
Por outro lado, os nenos e nenas de 4º B traballaron e investigaron sobre o Camiño Primitivo. O resultado final é o mural que podedes ver a continuación:
Canto traballo e que fermoso lles quedou!
O próximo mes amosámosvos o traballo de 3º!
Seguide camiñando!
Aquí vos deixamos o traballo que fixeron os alumnos/as de 5º sobre o camiño de Santiago.
Neste caso, os nenos e nenas de 5º A traballaron no camiño francés e os de 5º B, no camiño inglés.
A que lles quedou ben bonito?
Hoxe traemos o gran traballo que fixeron os nenos e nenas de 6º sobre o Camiño Protugués e A Orixe. Son dous camiños moi diferentes e con diversas etapas. Para coñecelos tiveron que buscar información sobre cada lugar polo que pasa.
Deixámosvos un pequeno resumo do mural que elaboraron. Son uns artistas!
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |