Skip to Content

Infantil

BENVIDOS AO CURSO 2021/2022

Neste curso traballaremos a temática do mar conmemorando o noso 50 aniversario co lema "50 anos ensinando ao carón do mar".

Cada aula decorou unha letra do cartel de "benvidos" con elementos mariños.

O cole pasou a ter redes polos teitos, nasas, aros salvavidas e chalecos que adentran ao alumnado no tema.

O longo do curso levaranse a cabo diferentes traballos e proxectos seguindo esta líña.

 

TODA A ESCOLA FAI XABÓNS(We make soap!)

Durante o segundo trimestre dende ARTS levouse a cabo o proxecto "We make soap!"

O cal consistiu na elaboración de xabóns de glicerina e flores. Este proxecto estivo estreitamente relacionado co lavado de mans como medida de prevención ante o Coronavirus.

 

Pulsa na imaxe para ver vídeo:

PASCUA 2021 (Happy Easter)

 

Este ano o equipo de plurilingüsmo preparou un "Easter Egg Hunt" diferente e moi especial.

A actividade consistiu nunha busca do tesouro. O alumnado tivo que ir por distintas zonas da escola superando retos e atopando as partes do mapa do cole para así descubrir onde estaban os ovos de chocolate.

 

 

Preme na foto para ver o ben que o pasaron:

 

 

 

AS RÚAS DE VIGO EN FEMININO

O día 8 de marzo traballamos algunhas das rúas de Vigo con nome de muller. Aquí podedes ver unha mostra (ebook) dalgunhas das mulleres traballadas nas aulas máis representativas da nosa cidade.

  

SEMANA DA PRENSA

Do 8 ao 12 de marzo, celebramos no CEIP Plurilingüe Javier Sensat a SEMANA DA PRENSA co número 6 do noso DIARIO DECANO DA PRENSA ESCOLAR.

Cada curso traballou a prensa escrita ( en papel) e logo elaborou a súa noticia.

Aquí temos o novo exemplar!!

 

 

 

                                                                              

 

 

 

      

 

 

 

 

RUEIRO DE VIGO POLO DÍA DA MULLER

Este curso,traballamos o día da muller (8 de marzo), dunha maneira moi especial,buscando rúas na nosa cidade con nome de MULLER.

Cada aula centrouse nunha, logo tivo que colocar o punto de google maps no mapa do taboleiro, e facer un resumo sobre o mais destacable para deixar nun dossier de consulta

RETO: A TORRE MÁIS ALTA

Preme en "RETOS" para enterarvos dun gran reto que se está a desenvolver nas aulas do Javier Sensat ...

 

 

 

CLICA NA IMAXE PARA O RESULTADO DOS RETOS

 

A ciencia e a maxia co mago Marco

Durante o curso escolar da ciencia "Con-ciencia-te" o alumnado viviu unha experiencia máxica co mago Marco explicando a relación entre a maxia e a ciencia. 

Este é un anaco da súa actuación. 

Premede no corazón ou no link. 

 

https://drive.google.com/file/d/1MnxzimzW9KREBDCZtZ6ofk-wvRZZAw41/view?usp=drivesdk

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO- 24 DE FEBREIRO

 

O 24 de febreiro todo o colexio fixo unha gran homenaxe a poetisa galega Rosalía de Castro.

Cada curso encargouse de decorar a porta da súa aula

 

Creamos unha exposición interactiva con código QR , que explicaban, moita información, para coñecer a súa obra, vida e curiosidades.

Ademais, todos os cursos aprenderon un poema de "CANTARES GALEGOS" para recitar os  compañeiros/as 

Prema na imaxe para ver o vídeo do traballo feito por todo o alumnado!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2021

Aínda que sabemos que é un ano diferente, non quixemos que o noso alumnado non celebrase dalgún xeito o noso Entroido. Respectando o lema do colexio para este curso "COídate, VIve e Desfruta", o alumnado veu disfrazado do que máis lle apeteceu, xa que o lema abrangue un abano grande de posibilidades tivemos desde médicos, enfermeiros, deportistas, de comidas sanas coma ensaladas, froitas, verduras, peixes, festeiros/as, deportistas...

Por outra banda, nas aulas se traballou a historia do Entroido en Galicia, sobre todo nos peliqueiros. Unha mostra disto a podedes ver no mural central do colexio e nas fotos. Esperamos que vos gusten!

E como sabedes...somos un cole plurilingüe onde tamén celebramos o "Carnival time".

 

PULSA NA IMAXE PARA VER O BAILE DE INFANTIL

 

 

 

PULSA NA IMAXE PARA VER O BAILE DOS NENOS E NENAS DE 1º,2º, 3º E 4º

 

 

PULSA NA IMAXE PARA VER O BAILE DOS 5º E 6º

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut