Skip to Content

Equipo de dinamización da lingua galega

LETRAS GALEGAS 2024

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe desfrutamos dun día de cole diferente co Festival das Letras Galegas 2024. Comezamos o evento cun breve repaso sobre a vida e traballo de Luisa Villalta, seguida de actuacións dos nenos e nenas do cole e rematando coa entrega de premios de contos. Unha gran mañá da que desfrutamos de bailes, cancións e obras de teatro todos xuntos como a gran familia Sensat que somos!

 

FARO DA ESCOLA

 Este curso participamos no programa Faro da Escola, que consiste en elaborar un periódico como o Faro de Vigo entre todo o alumnado do centro e empregando as noticias do noso cole e do barrio. 

Os alumnos de 4° a 6° estuvieron o pasado venres na rotativa de Faro de Vigo para coñecer por dentro o funcionamento dun periódico, ademáis de asistir a una charla onde explicaron que noticias son as que deberan traballar na aula.

A prensa mola!!!

Festa do Magosto!

Onte o tempo permitíunos celebrar o Magosto! Que ricas estaban as castañas que nos prepararon, que bonita a decoración do outono que preparou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e que ben o pasamos! 

 

MAGOSTO

Nós xa estamos ARTEllando!

 

O novo curso escolar 2023/24 xa está en marcha baixo o lema de 'ARTEllando soños'.

Para dar a benvida aos nenos e nenas do cole, fixemos un xogo polo corredor. Titulado 'ARTEllando palabras' e basado no coñecido xogo 'palabras encadeadas', todo o alumnado de Educación Primaria tivo a ocasión de participar nel. A continuación, o resultado!

 

Proxecto Faro da escola 2024/ 2025

MAGOSTO 2021

Polo San Martiño... celebramos coma sempre o noso Magosto! Pasamos unha mañá de convivencia no patio tomando as ricas castañas que seguimos facendo con todo o agarimo para o noso alumnado. Todos os cursos participaron na actividade de mandalas, que hai que dicir que cada ano fanse máis fermosas... Non hai material mellor para facelas  que o que nos ofrece a Natureza!

 

 

 

 

 

 

 

 

AS RÚAS DE VIGO EN FEMININO

O día 8 de marzo traballamos algunhas das rúas de Vigo con nome de muller. Aquí podedes ver unha mostra (ebook) dalgunhas das mulleres traballadas nas aulas máis representativas da nosa cidade.

  

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO- 24 DE FEBREIRO

 

O 24 de febreiro todo o colexio fixo unha gran homenaxe a poetisa galega Rosalía de Castro.

Cada curso encargouse de decorar a porta da súa aula

 

Creamos unha exposición interactiva con código QR , que explicaban, moita información, para coñecer a súa obra, vida e curiosidades.

Ademais, todos os cursos aprenderon un poema de "CANTARES GALEGOS" para recitar os  compañeiros/as 

Prema na imaxe para ver o vídeo do traballo feito por todo o alumnado!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut