Skip to Content

Infantil

PECHAMOS!

DOBRE PREMIO NO FARO DA ESCOLA!

Hoxe o noso alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria asistiu a entregar de premios de Faro da Escola, onde fomos premiados co 3º Premio en Publireportaxes e o 2º Premio en Entrevistas. Axiña chegará un exemplar as vosas casas. Noraboa campións!

A BANDA SONORA NO SENSAT

ARTELLANDO UNHA GALERÍA DE ARTE!

A entrada do noso cole convertiuse esta semana nunha galería de Arte! O alumnado de cada curso fíxose experto nun artísta diferente para amosarlle aos demáis parte da súa vida e obra. O resultado foi chulísimo e moitos foron os que pasaron polos murias vendo, opinando e comparando aos diferentes artistas. 

Educación Infantil: Angélica Dass coa súa obra sobre as cores da pel.

1º Educación Primaria: Wassily Kandinsky; sinestésico e obsesionado cos círculos e a arte abstracta.

2º Educación Primaria: Romero Britto; coas súas cores vivas e a mistura entre o cubismo e os patróns.

3º Educación Primaria: Vincent van Gogh; cos seus trazos únicos e os icónicos xirasois. 

4º Educación Primaria: Henri Matisse; coas súas cores pasteis e a súa técina de debuxar con tesoiras. 

5º Educación Primaria: Keith Haring; co seu estilo urbano e a súa linguaxe visual.

6º Educación Primaria: Andy Warhol; o pai do Pop Art con esas cores tan vibrantes e o seu estilo inconfundible.

A BANDA SONORA NO SENSAT

A BANDA SONORA NO SENSAT

A BANDA SONORA NO SENSAT

A BANDA SONORA NO SENSAT

LETRAS GALEGAS 2024

O Javier Sensat amplia a súa plantilla

Como nos imos ausentar un par de días, o equipo do CEIP Plurlingüe Javier Sensat decidiu contratar a estes novos traballadores para que lles boten un ollo a noso horto escolar e espanten visitas indeseadas que traten de comerse a nosa colleita antes de tempo. Sonche ben alegres e non se cansan de traballar nunca!

Distribuir contido


by Dr. Radut