Skip to Content

Infantil

BO NADAL 2020 E FELIZ ANO 2021

OLA A TODOS E TODAS! 

Outro ano máis e neste caso un menos a ter en conta. Desexámosvos unhas felices festas e un feliz ano novo cargado de saúde. Dende o centro queremos desexarvos o mellor con estes dous vídeos en homenaxe aos mestres e familias que o deron todo neste ano. Saúde e ata o ano que ven. 

Premede nos links para ver os dous vídeos. 

Saúdo de Noel dende o Polo Norte.

Visita dos Elfos ao colexio. 

De cando en vez VEXO ELFOS na escola.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE- 3 DECEMBRO 2020

 

O día 3 de decembro, no colexio, conmemoramos o Día internacional das persoas con discapacidade. Todos e todas, temos unhas cualidades para estaren orgullosos e, sen embargo, ademais amosamos  puntos febles, é dicir, as nosas discapacidades. Diso, trataron os obradoiros que traballamos no colexio.  Visionamos as seguintes curtametraxes e moitas das clases fixemos chapas , nós mesmos/as, cos nosos debuxos.  Tanto mestres/as como o alumnado, levamos para casa, unha chapa posta na solapa. A ver se vos gustan!!

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 NOVEMBRO 2020

 

 

  

 

 

O día 25 de novembro de 2020, celebramos conmemoramos o DÍA INTERNACIÓNAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 

Nas aulas abordouse este tema adaptándoo aos diferentes niveis, facendo  tarefas ( debuxos), e mesmo, reflexionando sobre curtometraxes, que primeiro visionaron.

MAGOSTO 2020- 11 NOVEMBRO 2020

 

 

 

 

 

A COVID-19 non conseguíu que polo San Martiño, 11 de marzo, o colexio Javier Sensat celebrase o Magosto.

Pasámolo moi ben! Tivemos quen nos asase castañas, e con todas as normas de seguridade que a pandemia nos obriga, as comemos por grupos-aula, cada clase nunha zona do patio.

Ademais, aproveitamos que facía bo día para colleren materiais naturais ( folllas, flores...), que había dentro da instalación do colexio e  fixeron unha mandala por cada aula. A ver se vos gustan...Foron moi creativos/as!

 

 

 

 

O blogue de infantil

Este é o blogue de infantil para o curso actual. 

Premede no link para acceder a él.

https://infantilsensat.blogspot.com/?m=1

ou no corazón 

Grazas. 

 

Día do libro 2020

Este é o traballo que propón a biblioteca para o día do libro.

Podedes velo na aula virtual e os de infantil en ClassDojo.

Día do libro 2020

ENTROIDO 2019 no CEIP PLURILINGÜE Javier Sensat

 

 

O Entroido desde ano foi abdicado ao cinema e todos os cursos escolleron unha película relevante para eles. Este foi o resumo da xornada. Esperemos que vos guste. 

https://youtu.be/6ibJTmYaA9A

 

24 de febreiro. Día de Rosalía 2019

Festexamos o día do nacemento de Rosalía De Castro con unha interpretación das súas obras recitadas, cantadas ou musicadas dentro das clases de todos os niveis dende infantil ata primaria.

A celebración do día de Rosalía no curso de 6 EP foi como sigue co poema “Non che digo nada, pero vaia...”

 https://vimeo.com/322491692

Esta foi a interpretación de 4 de EP “Negra sombra”. Preme no link.

https://vimeo.com/319327065

A seguinte foi a da clase de 5 de EP co poema musicado “Imos bebendo” 

 https://vimeo.com/319327065

 Logo fixéronse dous raps dos poemas de Rosalía: ”Aires, airiños aires” interpretado por 3 EP

 https://vimeo.com/321712928

E tamén a versión dos alumnos de 1 EP “Adiós ríos, adiós fontes”

 https://vimeo.com/321634995

Os alumnos de 2 EP fixeron a versión do poema “Maio Longo” de Rosalía e musicado por Uxía.

 https://vimeo.com/321634216

 Os alumnos de infantil de 3 anos bailaron e cantaron o poema “adiós ríos, adiós fontes” de Rosalía e musicado por Astarot.

https://vimeo.com/321638655

Os alumnos de infantil de 4 e 5 anos fixeron un teatro de sombras do poema ”Negra Sombra” 

 https://vimeo.com/321807204

 

Día da Paz 2019 co LIP DUB “Una sola voz” de Macaco

 Este foi o resultado de varias semanas de preparación dun LIP DUB de todo o colexio para o día da paz 2019 coa canción de Macaco “UNA SOLA VOZ”.

Premede link para velo. Un saúdo e esperamos que os guste.

https://vimeo.com/316331821

Concurso fotográfico de Nadal

Este foi o resultado das votacións do equipo da biblioteca pensando en distintos niveis de participación no I CONCURSO FOTOGRÁFICO DE NADAL. 

Agradecemos a todos os participantes polo interese engadido e lamentamos non poder facer a entrega dos agasallos o último día antes de Nadal por problemas no horario. 

Distribuir contido


by Dr. Radut