Skip to Content

ENTROIDO 2021

Aínda que sabemos que é un ano diferente, non quixemos que o noso alumnado non celebrase dalgún xeito o noso Entroido. Respectando o lema do colexio para este curso "COídate, VIve e Desfruta", o alumnado veu disfrazado do que máis lle apeteceu, xa que o lema abrangue un abano grande de posibilidades tivemos desde médicos, enfermeiros, deportistas, de comidas sanas coma ensaladas, froitas, verduras, peixes, festeiros/as, deportistas...

Por outra banda, nas aulas se traballou a historia do Entroido en Galicia, sobre todo nos peliqueiros. Unha mostra disto a podedes ver no mural central do colexio e nas fotos. Esperamos que vos gusten!

E como sabedes...somos un cole plurilingüe onde tamén celebramos o "Carnival time".

 

PULSA NA IMAXE PARA VER O BAILE DE INFANTIL

 

 

 

PULSA NA IMAXE PARA VER O BAILE DOS NENOS E NENAS DE 1º,2º, 3º E 4º

 

 

PULSA NA IMAXE PARA VER O BAILE DOS 5º E 6º

 

 

 

 

 

 

CELEBRACIÓN DO "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ" 30 DE XANEIRO DO 2021

 Este mural simboliza as mans de todo o noso alumnado loitando por un mundo mellor...

 

 

" SE SOUBESE QUE O MUNDO REMATA MAÑÁ, AÍNDA HOXE, PLANTARÍA UNHA ÁRBORE"

      En 5º de infantil traballaron a obra "el abrazo" de Romero Britto.

 Entre todo o colexio elaboramos a bandeira LGTBI orixinal,comparándoa coa bandeira da paz de Italia (1961), onde cada cor ten un significado.

 

 

 

 Os nenos de 6ºB, co gallo do día da Paz, interpretaron a canción RECOÑECÉNDOME a través da Lingua de signos

 PULSA NA IMAXE 

 

 

 

E para rematar, queremos darlle a noraboa a todo o alumnado de primaria que recibiu o diploma do "II CONCURSO DO PREMIO NOBEL DA PAZ" do colexio Javier Sensat. Ben merecido o teñen polo seu excelente compañerismo e a súa actitude coa comunidade educativa.

 

 

 

 

Día das letras galegas 2020.

Resumo do ano da COVID-19. DÍA DAS LETRAS GALEGAS (posposta)

Esta foi a aportación dos mestres presentes ao comezo do curso 2020-2021 no día das letras galegas. A xornada fíxose en cada unha das aulas e o alumnado cantou as cancións para festexar a data e falouse do escritor homenaxeado. A canción que interpretaron os mestres tamén se visionou nas aulas e agora poñémola na nosa web. Esperamos que sexa do voso agrado. Premede no corazón:  

BO NADAL 2020 E FELIZ ANO 2021

OLA A TODOS E TODAS! 

Outro ano máis e neste caso un menos a ter en conta. Desexámosvos unhas felices festas e un feliz ano novo cargado de saúde. Dende o centro queremos desexarvos o mellor con estes dous vídeos en homenaxe aos mestres e familias que o deron todo neste ano. Saúde e ata o ano que ven. 

Premede nos links para ver os dous vídeos. 

Saúdo de Noel dende o Polo Norte.

Visita dos Elfos ao colexio. 

De cando en vez VEXO ELFOS na escola.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE- 3 DECEMBRO 2020

 

O día 3 de decembro, no colexio, conmemoramos o Día internacional das persoas con discapacidade. Todos e todas, temos unhas cualidades para estaren orgullosos e, sen embargo, ademais amosamos  puntos febles, é dicir, as nosas discapacidades. Diso, trataron os obradoiros que traballamos no colexio.  Visionamos as seguintes curtametraxes e moitas das clases fixemos chapas , nós mesmos/as, cos nosos debuxos.  Tanto mestres/as como o alumnado, levamos para casa, unha chapa posta na solapa. A ver se vos gustan!!

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 NOVEMBRO 2020

 

 

  

 

 

O día 25 de novembro de 2020, celebramos conmemoramos o DÍA INTERNACIÓNAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 

Nas aulas abordouse este tema adaptándoo aos diferentes niveis, facendo  tarefas ( debuxos), e mesmo, reflexionando sobre curtometraxes, que primeiro visionaron.

MAGOSTO 2020- 11 NOVEMBRO 2020

 

 

 

 

 

A COVID-19 non conseguíu que polo San Martiño, 11 de marzo, o colexio Javier Sensat celebrase o Magosto.

Pasámolo moi ben! Tivemos quen nos asase castañas, e con todas as normas de seguridade que a pandemia nos obriga, as comemos por grupos-aula, cada clase nunha zona do patio.

Ademais, aproveitamos que facía bo día para colleren materiais naturais ( folllas, flores...), que había dentro da instalación do colexio e  fixeron unha mandala por cada aula. A ver se vos gustan...Foron moi creativos/as!

 

 

 

 

AGRADECEMENTO A NOSA ANPA POLOS XOGOS...

Grazas, a ANPA " O CASTAÑAL", por pensar en todo o noso alumnado!

Os vosos/as fillos/as están felices de poder desfrutar, no tempo de lecer, cos xogos que lles mercáchedes.

Cada aula,  como "grupo burbulla" que é,  ten a súa caixa con divertidos xogos que, ao chegaren de novo a clase, logo do recreo, desinfectan rigurosamente, para que o Covid-19 non entre no noso colexio...


PRESENTACIÓN DO CURSO 2020-2021 para 5º EP-A e 5º EP-B

Ola a todos e todas. Aquí tedes a presentación do curso que non puidemos poñer durante a videoconferencia sobre o curso que temos diante. 

https://prezi.com/whsgb_hxuvdj/reunion-coas-familias/?present=1

Un saúdo e feliz curso. 

Día do libro 2020

Este é o traballo que propón a biblioteca para o día do libro.

Podedes velo na aula virtual e os de infantil en ClassDojo.

Día do libro 2020
Distribuir contido


by Dr. Radut