Este trimestre, o colexio organizou dúas actividades, para que toda a comunidade educativa tome conciencia dos beneficios e riscos que supoñen o uso das novas tecnoloxías. Esta actividade organizouse en 2 quendas ou fases:
1) O día 6 de abril de 2021, o responsable do equipo de investigación tecnolóxica da policía xudicial da Garda civil de Pontevedra, D. Jose Torres Meira, en colaboración co CFR de Vigo ofreceunos unha videoconferencia: "Os menores ante as novas tecnoloxías. Beneficios e riscos" dirixida a pais/nais e profesorado do colexio. Nela ofrecunos unha análise das diferentes aplicacións (Photo Roulette, Tiktok...) e dos perigos das mesmas. Tamén profundizou en conceptos e temas como o sexting, o sex-casting, sextorsión, grooming e as súas fases, o ciberstalking, a preocupación pola xeocalización, a lexislación da privacidade e intimidade na red.
Ensinounos como retirar os contidos comprometidos na rede (Facebook, Google, Twiter, Instagram, TikTok...) e o dereito a pedir nas aplicacións, a información que teñen de nós.
Insistiunos na importancia de instalar un sistema de control parental (por contidos, datas/días, por apps). Aconsellounos a aplicación chamada "Family Link", que ademais, é de balde.
Tamén, aprendimos que debemos utilizar a páxina web "PEGI", coa finalidade de analizar cada xogo que escollen os/as nosos/as fillos/as ( idade, desenvolvemento, tipo de linguaxe...) e saber cales son axeitados para cada idade.
Rematou, cunha frase final para reflexionar: "NON PERMITAS QUE A TECNOLOXÍA TE DESCONECTE".
2) Onte e hoxe, 10-11 de maio, a Policía Nacional colaborou cunha charla presencial dirixida ao alumnado de 4º EP, 5º EP e 6º EP: " RISCOS DE INTERNET". Os/as nenos/as amosaron moito interese. Aprenderon a importancia dunha contrasinal difícil e trucos para facer cada un a súa, a adición como un dos perigos máis salientables ( conectarse continuamente a redes sociais, durmir co móbil aceso pola noite, perder amigos por culpa das redes deixando o deporte de lado, navegar sen rumbo...)
Quizais, a charla serviulles para aprender ,que aínda que cometan un erro e se vexan sós, sempre haberá un adulto ou unha institución para protexerlles ( UFAM, 091, policía, e sobre todo, animoulles a instalar unha aplicación "ALERTCOPS", onde poden denunciar se sofren acoso escolar ou están observando que está a ocurrir.
A policía lles alertou dos distintos tipos de RETOS e a perigosidade de alguns videoxogos. Aprenderon termos como fishing, flameo, grooming e as súas fases, sexting e a non abrir as mensaxes sospeitosas.
Ah! e a policía agasallou ao alumnado cun marcapáxinas, unha guía de consellos para evitar o ciberacoso e o mal uso de internet e unha pegatina para tapar a cámara nos teléfonos móbiles e nos ordenadores. Moitas grazas!
Pódese apreciar a importancia deste programa de Ciberacoso e acoso escolar, plantexado desde o departamento de orientación do centro, cun tema de tanta importancia hoxe en día.
Agradecemos a participación destes policías, expertos na materia. Cremos que foi unha iniciativa, na que tanto as familias como profesorado e alumnado, aprendemos moito e, coma sempre, debemos PREVIR, previr destes perigos, antes de lamentarse das terribles consecuencias do mal uso de Internet.