O pasado venres recibimos no noso centro a visita de Erea, unha informadora do Concello en materia de Igualdade.
A súa exposición resultou de moito interese tanto para o alumnado de EI como para os de EP, tratando un tema de tanta relevancia na sociedade actual. A charla, baseada no visionado de vídeos e na escoita de cancións e contos, culminou con reflexións encamiñadas a apreciar e valorar a evolución do papel das mulleres na sociedade, así como na construcións de relacións interpersoais sans.
.