Skip to Content

Blogues

Estaciones de trabajo escalofriantes!

Os nenos e nenas de 1º traballaron por estacións de aprendizaxe. Coa temática de Halloween, non só aprenderon sobre esta festividade, senon que tamén traballaron as matemáticas, a comprensión lectora e as linguas. Aínda por riba, o final destas actividades tan divertidas tiveron unha recompensa por traballar xuntos e colaborar. E que o estamos pasando de medo!

 

Artellando sustos!

O alumnado de 6º de Primaria desenvolveu as súas capacidades artísticas nas creacións literarias que fixeron ao redor da conmemoración de Halloween. Así, expuxeron as súas produccións na biblioteca, onde atopamos dende narracións e poemas, ata receitas, pasando tamén polos comics! De medo!

Masterclass de voleibol para o alumnado de 5ºEP

O xoves recibimos a visita de dous membros do club de voleibol de Vigo (presidente e entrenador) cos que practicamos e gozamos deste divertido deporte. Grazas pola vosa colaboración e tempo!

A BANDA SONORA DESTES DÍAS NO SENSAT

AVISO

A BANDA SONORA DESTA SEMANA

Charla nutrición

O vindeiro martes día 17 de outubro, ás 17h., terá lugar unha charla sobre a nutrición impartida polo Dietista e Nutricionista Nicolás Piedrafita.

Esta charla vai destinada a toda a comunidade educativa e alumnado a partir de 3ºEP que lle interese aprender sobre unha correcta alimentación. Terá unha duración aproximada de 40 minutos, máis 20 minutos para resolver dúbidas. Celebrarase no salón de actos.

Recordamos que os nenos/as non poden quedar desatendidos polo recinto escolar durante a duración desta; máis tendo en conta a entrada e saída de camións polas obras que se están levando a cabo no patio. Esperámosvos!

 

Recordatorio: ponte de outubro!

Celebrando o outono

O pasado 23 de setembro demos a benvida ó outono. Dende entón, fomos traballando os cambios que provoca no noso entorno nas aulas de Infantil e Primaria. A continuación tedes uns exemplos dos traballiños que fixemos dende os cursos inferiores ata os superiores. 

 

 

Apertuda da biblioteca escolar

Queridas familias,

O vindeiro luns día 9 de outubro a biblioteca escolar abrirá para toda a comunidade educativa en horario de 16 a 17h. 

Esperámosvos! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut