Skip to Content

blogue denoemicastillo

TRICK OR TREAT!

O Halloween xa está aquí! Escolle as túas mellores galas para mañá e prepárate para pasalo terrorificamente ben nun día cheo de emocións!

Como cada ano, o equipo plurilingüe volve co 'Halloween Tunel'; está vez cunha misión moi importante. Nela, os nenos e nenas do Sensat terán que salvar a cidade de Vigo dun virus que se propaga rapidamente. Serán quen de atopar o antídoto para salvarnos?

A BANDA SONORA NO SENSAT

Xornada de portas abertas na biblio!

Un paso xuntos contra o Cancro

Onte, domingo día 20 de outubro de 2024, os nenos e nenas, acompañados das súas familias e profes, camiñamos xuntos contra o Cancro. Durante os 5kms que durou a carreira, fixemos unha media de 8.000 pasos para a investigación contra esta enfermidade que nos pode afectar a nós ou aos nosos seres queridos nalgún momento da nosa vida. Segundo a conta oficial da carreira, 4.000 persoas participaron onte nesta proposta solidaria, do cal nos estamos moi orgullosos de formar parte, con máis de 40 participantes da nosa comunidade educativa. Noraboa!

A BANDA SONORA NO SENSAT

CHARLA SOBRE A ALIMENTACIÓN NA INFANCIA

O vindeiro martes día 22 de outubro ás 17.10 ofrecemos unha charla sobre a alimentación na infancia no salón de actos do colexio. Estades todos convidados a vir!

 

A BANDA SONORA NO SENSAT

A BANDA SONORA NO SENSAT

A BANDA SONORA NO SENSAT

CARREIRA VIGO CONTRA O CANCRO & CEIP PLURILINGÜE JAVIER SENSAT

Queridas familias,

Este ano dende o centro queremos colaborar na Investigación contra o Cancro. Por iso, todos os que queirades estades convidados a unirvos a nós na Carreira Vigo contra o Cancro que se celebrará o 20 de outubro ás 10:45 na explanada de Coia (Rúa Castelao). Participaremos na modalidade de 5km e faremola camiñando. O punto de encontro será 30 minutos antes da saída (ás 10:15) na porta do Alcampo de Coia. Para participar, só tedes que inscrivirvos a vós e aos vosos fillos antes do día 13 de outubro. O prezo por participante é de 9€ (págase a partir dos 4 anos; menores de 4 gratis), dos cales este ano o 90% irá destinado ao Proxecto GALICÉRVIX (inventigación sobre o Cancro de Cérvix) e o 10% restante detinarase a actividades para nenos e nenas de Oncoloxía no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Lembrade que o día da carreira deberedes ir un pouco antes a recoller a camiseta e o dorsal. Podedes vir con carriños de bebés, amigos e famiiares ou incluso mascotas; todos sodes benvidos para camiñar contra o Cancro!

Recomendamos tamén avisar ao tutor ou tutora da vosa participación.

inscricións: https://magmasports.es/es/evento/5k-vigo-contra-el-cancer 

Distribuir contido


by Dr. Radut