O vindeiro martes día 17 de outubro, ás 17h., terá lugar unha charla sobre a nutrición impartida polo Dietista e Nutricionista Nicolás Piedrafita.
Esta charla vai destinada a toda a comunidade educativa e alumnado a partir de 3ºEP que lle interese aprender sobre unha correcta alimentación. Terá unha duración aproximada de 40 minutos, máis 20 minutos para resolver dúbidas. Celebrarase no salón de actos.
Recordamos que os nenos/as non poden quedar desatendidos polo recinto escolar durante a duración desta; máis tendo en conta a entrada e saída de camións polas obras que se están levando a cabo no patio. Esperámosvos!