O día 21 de abril, os nenos e nenas do Ciclo Inicial reciben na biblioteca ao autor EL HEMATOCRÍTICO,que veu para conversar con eles sobre o libro "Feliz Feroz".
Cóntalles que "a irmá de Lobo Feroz está moi preocupada: o seu fillo non é feroz!!!"
O autor móstranos un lobo diferente: un lobo bo, un lobo amable, un lobiño doce.
Premendo na imaxe da dereita, podes ler a receta coa que Feliz Feroz conseguiu que a súa familia fose feliz.
Extraordinaria ensinanza: deixar de ser feroz e apuntarse á felicidade.