PONTE NO MEU LUGAR

 

 

     
   
   
 

 

O alumnado de 6º curso participou no programa de    
          
     "PONTE NO MEU LUGAR"    
   

Preténdese que sexamos sensibles aos problemas de accesibilidade e movilidade cos que se pode atopar, tanto maiores como calquera de nós, nalgún momento da vida.

   
       
    Podemos entender así as barreiras arquitectónicas que existen para as persoas con mobilidade reducida, intentando concienciar aos nenos e nenas para mellorar a autonomía e o normal desenvolvemento na contorna da nosa cidade.     
       
   

Tamén fixeron unha simulación dos atrancos atopados na terceira idade, vestindo accesorios que limitan a mobilidade e as funcións dos sentidos: gafas que imitan cataratas, traxe que reproduce os efectos da artrose, xeonlleiras e reforzos que impiden dobrar brazos, pernas...

 

   
       
   

 

Para rematar o programa, o noso alumnado fai unha auditoría do centro e os seus arredores e amosa as deficiencias atopadas.

   
     Máis fotografías premendo na imaxe       
PONTE NO MEU LUGAR

Powered by Drupal - Design by artinet