BICOS E APERTAS

                                            
 

 
 

É o título da obra escrita por Alicia Borrás. Texto poético que reflicte cariño e dozura nos seus versos.

Tróuxonolo á clase de 4º unha alumna por ser un dos seus libros favoritos. Lémolo e gustou tanto que se dispuxeron a aprender cada alumno/a un poemiña, escribilo e ilustralo. Despois foron recitando a obra por todas as aulas aproveitando as datas nas que estabamos a celebrar A PAZ.

 

Foi unha actividade moi gratificante para todo o alumnado que se esmerou en declamar ben e facer bonitas ilustracións e, tamén, para todos os compañeiros e compañeiras do Centro que os escoitaron con ilusión e admiración.

 

                           

 

 

 

BICOS E APERTAS

Powered by Drupal - Design by artinet