TOMÁS MANSO UN ORGULLO PARA O ISAAC PERAL | ||||||
Tomás Manso Fraga, un antigo alumno deste colexio, quedou campión de España infantil de 200m mariposa e o segundo en 100m. Dende este centro, no que cursou a Educación Infantil e a Educación Primaria, queremos facerlle chegar as nosas felicitacións e os nosos desexos de que continúen os seus merecidos éxitos, que constitúen tamén unha satisfacción para toda a comunidade educativa. PARABÉNS CAMPIÓN!!!!!!!!!!!! |
||||||