EXCURSIÓN DE 6º Á CAPELA

   
UN DÍA MOI INTERESANTE: APRENDIMOS, XOGAMOS...PASÁMOLO MOI BEN!  

O 17 de outubro os alumnos de sexto fomos de visita ao Museo Etnográfico da Capela e ao CEIP Mosteiro de Caaveiro onde a través dunha viaxe no tempo, comprobamos como vivían os nosos antepasados:

Como eran as casas no rural, toda sorte de aparellos e utensilios que se empregaban na vida diaria, e mesmo oficios propios de épocas pasadas, algúns case desaparecidos na actualidade. Comprobamos que se podía vivir ou sobrevivir, fabricando case todo nas propias casas ou recurrindo a persoas que desempeñaban eses oficios, tamén nas propias casas.

A continuación fomos ao CEIP Mosteiro de Caaveiro, nas Neves, para celebrar un pequeno encontro cos alumnos de 6º deste centro e realizar unha xornada de xogos populares e tradicionais.

Alternamos, en grupos de oito, unha serie de xogos: andamos cos zancos, fixemos carreiras cos sacos, baliamos buxainas, saltamos ás lombas, xogamos á Porca, que ven sendo como unha variante do "hockey" e saímos un pouco enlamados..

           

Foi unha experiencia moi gratificante (algúns xa participaramos no VIII encontro de Xogos Populares, organizado por Brinquedia en Xermade) e ademais de pasalo ben vivimos en nós mesmos os xogos aos que os nosos pais, e sobre todo os nosos avós, xogaban na súa infancia.

Mais imaxes na nosa galería de fotos   

 
   

Powered by Drupal - Design by artinet