CONCURSO "POESÍA E IMAXE" | ||
O día 6 de maio foi a xornada de inauguración da mostra de traballos seleccionados nas diferentes categorías, incluindo ademais a entrega de premios, do XIII certame Poesía e Imaxe, en galego sen filtro. Os participantes neste concurso tiveron que realizar unha creación artística a partir de fragmentos de poemas de literatura universal en todas as linguas como mirandesa, xaponesa, catalá, persa, portuguesa e galega entre outras, coas correspondentes traduccións. No noso centro foron premiados o colectivo de 2º A cun traballo de María Mamede en lingua portuguesa e a alumna Laura Galindo de 3º A cun traballo sobre unha poesía mirandesa. Parabéns a todas e todos. A mostra permanecerá no "Carvalho Calero" de Ferrol ata o día 31 de maio. |