COMO ESCOLLER UN BO COLEXIO | ||
Agora que vostedes están nun momento de tomar unha decisión tan importante como é a de escoller o colexio no que matricular ao seu fillo ou filla, deberíase facer a seguinte reflexión:
Tipo de centro que desexan: escola pública ou escola privada Metodoloxía que se emprega: importancia da lectura, razoamento... Valores que transmite o centro e que deben ir en consonancia co que se transmiten na casa: solidaridade, igualdade de xénero... Distancia da casa ao centro Servizos que se ofertan: Comedor, actividades extraescolares...
Os fillos e fillas son o máis valioso que temos como pais e nais e o momento que están vostedes a vivir e moi importante. Concédanse tempo para tomar esta decisión de escoller a escola e despois disfrute e comparta a escolaridade do seu fillo ou filla. Se despois de todo isto, vostedes deciden escoller o noso centro, o CEIP Isaac Peral, SEXAN VOSTEDES BEN RECIBIDOS Esperamos satisfacer as súas expectativas |