O día 23 de outubro quedará como unha data importante na historia do CEIP Isaac Peral: a nosa biblioteca pasou a ter nome. E leva o nome de alguén moi significativo nun eido educativo e máis na nosa cidade, pois a personalidade que lle da nome é mestre, é escritor e é ferrolán: ANTÓN CORTIZAS.
Para celebrar este día tan especial organizáronse dous actos no centro:
Un acto institucional na biblioteca ao que estiveron convidados a inspectora de educación, a concelleira de educación, o director e unha asesora do CEFORE, o escritor Antonio Yáñez e o pintor Leandro Lamas. Tamén houbo representación de todos os membros da comunidade educativa: o equipo directivo, profesorado, unha representación de alumnado de todos os cursos, persoal non docente e a Anpa co equipo de dinamización da biblioteca como conductor do acto.
Un acto lúdico-educativo no patio con todo o alumnado e profesorado no que alumnado de cada nivel recitou e representou poemas do libro de Antón Cortizas Contos de vento e de nunca acabar.
Nestes actos, Antón, un recoñecido escritor infantil e xuvenil, mostrouse tamén como a persoa enxeniosa, cercana e entrañable que é.
Esta presentación recolle algunhas das moitas ideas importantes que Antón Cortizas apuntou nas súas intervencións nestes actos.
Nesta presentación recóllese unha escolma de imaxes dos dous actos.
Premendo na imaxe pódese acceder á totalidade das fotos desta celebración tan especial.
O Diario de Ferrol acompañounos nesta data tan importante, premendo na imaxe atópase a noticia na súa edición dixital.