Á ESCOLA, NON SEN ALMORZAR

 

 

O almorzo é a comida máis importante do día e debería cubrir un 25% das necesidades calóricas diarias.

Despois das horas de soño, o corpo necesita a enerxía do almorzo para empezar as actividades do día. Se non consegue esta enerxía deberá recorrer ás reservas e funcionará “a medio gas” durante a mañá. Isto tradúcese en falta de concentración e baixo rendemento físico e intelectual. Ademais, algúns estudos sobre este tema relacionaron este xaxún matutino coa obesidade.

E, con todo, sabemos que entre un 6-8% dos nenos e adolescentes españois non almorzan habitualmente. Moitos máis, en especial os adolescentes, almorzan pouco ou mal.

En que consiste un bo almorzo?

Un bo almorzo admite moitos tipos de alimentos. Con todo, para conseguir un almorzo de alta calidade nutritiva debería incluír:

  • UN LÁCTEO: vaso de leite ou iogur ou queixo fresco…
  • UN CEREAL: pan, galletas, cereais...
  • UNHA FROITA: calquera tipo de froita natural enteira ou o seu zume.
  • Un pouco de graxa de acompañamento para o pan: mellor aceite de oliva, aínda que tamén pode ser manteiga ou margarina.
  • Outros acompañamentos: doces (marmeladas…) ou non doces (embutido con pouca graxa)

INFORMACIÓN EXTRAÍDA DA PÁXINA DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE PEDIATRÍA onde podemos atopar máis información sobre o tema:

 

Powered by Drupal - Design by artinet