BENVIDA Á NOVA PROMOCIÓN

     
  BENVIDA Á NOVA PROMOCIÓN  
         

Está en marcha o Plan de Acollida para o novo alumnado.

As familias do alumnado de 3 anos asiste á primeira reunión informativa ao centro, que o próximo curso acollerá aos seus fillos e fillas.

O director informou acerca de aspectos xerais do centro e dos servizos dos que dispón e as titoras sobre cuestións pedagóxicas centradas en como favorecer a autonomía e a socialización, así como pautas xerais que faciliten a escolarización.

 
 

Por último, a orientadora do centro faloulles ás familias de múltiples cuestións relacionadas coa adquisición da linguaxe e de como favorecela.

Ao remate da reunión os pais e  nais asistentes visitaron as instalacións do centro.

En setembro informarase a través desta páxina e do taboleiro de anuncios do colexio da data da 1ª reunión do curso.

  

Benvidos ao Isaac Peral!!!

 
          
   
         

Powered by Drupal - Design by artinet