DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

     
 

   O DÍA 10 DE DECEMBRO CELÉBRASE O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS 

valoresA promoción e protección dos dereitos humanos foi unha das maiores preocupacións para as Nacións Unidas desde 1945, data na cal os países fundadores da Organización, acordaron impedir que os horrores da Segunda Guerra Mundial se reproduzan.

Tres anos despois, na Declaración Universal dos Dereitos dos Humanos, a Asemblea Xeral espremeu que o respecto aos dereitos humanos e á dignidade da persoa humana "son os fundamentos para a liberdade, xustiza e paz no mundo". En 1950 a Asemblea Xeral convidou a todos os Estados membros e ás organizacións interesadas a que observasen o 10 de decembro de cada ano como Día dos Dereitos Humanos.

Co Día conmemórase o aniversario da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos pola Asemblea Xeral en 1948. Co transcurso do tempo, desenvolvéronse un conxunto de instrumentos e mecanismos desenvolvidos para asegurar a primacía dos dereitos humanos e para facer fronte ás violacións dos dereitos humanos dondequiera que ocorran.


Máis información premendo na imaxe

Derechos Humanos

 

Powered by Drupal - Design by artinet