DÍA DO LIBRO 2010 |
|||||||||||
Comezamos a celebración o luns 19 e ata o xoves 22, o alumnado dos cursos superiores foron ás aulas dos máis pequenos para lerlles un fragmento do conto El príncipe destronado, de Miguel Delibes, unha actividade moi motivadora e enriquecedora, tanto para o alumnado que escoita como para o que le. Esta é ademais a pequena homenaxe que o centro quere rendir a este escritor español finado recentemente. |
|||||||||||
O xoves 23 fixemos un acto de celebración con todo o alumnado do centro no que se leron diversos poemas, entre eles un de Gloria Fuertes titulado Cómo se dibuja una jirafa, ao mesmo tempo un grupo de alumnos e alumnas debuxaron unha xirafa seguindo as pautas do poema. Ademáis deuse a coñecer o resultado da votación feita entre o alumnado para elixir o nome das dúas fillas da xirafa Yenené, a nova amiga de Peraliño. Tamén se fixo entrega a cada aula do libro recompilatorio elaborado cos traballos feitos polo alumnado sobre o Magosto, para que pase a formar parte da biblioteca de aula. |
|||||||||||
Presentación coas fotos da celebración do Día do libro |
|||||||||||
|
|||||||||||
Para ver a totalidade das fotos da celebración premer na imaxe |
|||||||||||