DÍA DA PAZ 2009 |
||||
Organización do día da PAZ: Actividades por ciclos Lecturas traballadas na PAZ 09 |
||||
ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA ESCOLAR | ||||
Este ano celebramos a Paz no noso centro coa temática A PAZ NO MUNDO. Plantexámonos: Para lograr a Paz no mundo, que podemos facer nós? A partir diso traballamos nas diferentes etapas educativas do noso centro, poñendo as nosas MANS PARA A PAZ. |
||||
En Educación Infantil cada neno fará a súa man e dentro dela coloreará a palabra PAZ ou en cada man unha letra de P, A, Z. o Nunha cartolina farase un mural, unindo 3 mans que teñan cada unha dela unha das letras da Paz para expoñer na Biblioteca e nos corredores. |
||||
|
||||
O Primeiro ciclo, en relación co decálogo traballado no 2º ciclo, traballará 10 palabras relacionadas coa Paz. o Cada alumno coloreará a súa man e dentro unha das palabras relacionadas coa Paz. o Colorearán debuxos dados sobre a Paz ou elaborarán os seus propios debuxos. o Nunha cartolina montaranse as palabras relacionadas coa Paz e as mans dos nenos e nenas. Elixiranse algúns debuxos para montar na cartolina e poñelo na Biblioteca; co resto farase un mural para os corredores. |
||||
|
||||
O 2º Ciclo de Primaria traballará o decálogo de mans para a Paz, consistente en dez frases relacionadas coa Paz. o Cada alumno coloreará a súa man e dentro unha das frases do decálogo. o Colorearán debuxos dados sobre a Paz ou elaborarán os seus propios debuxos. o Nunha cartolina montarase o decálogo da Paz con algúns debuxos das mans e se colocará na Biblioteca. O resto exporase nun mural nos corredores. |
||||
|
||||
No 3º Ciclo de Primaria buscarán información sobre la celebración do día da Non violencia escolar e da Paz, cando se celebra, a quen vai adicado… Todo isto presentado coma un xogo mediante una caza do tesouro titulada “A Paz no mundo” o Cada alumno elaborará unha frase ou slogan relacionado coa Paz e o decorará cun debuxo. o Montaránse nunha cartolina algúns dos debuxos, que servirán de decoración da biblioteca. Co resto farase un mural o Realizaránse poesías con palabras relacionadas coa PAZ. Actividades 3º Ciclo E. Primaria Se queredes ver unha pequena mostra dos nosos poemas tedes que premer na imaxe |
||||
|
||||
|
||||
CARREIRA SOLIDARIA |
||||
Fixemos unha carreira solidaria cunha inscrición libre e voluntaria. Participaron tódolos nenos e nenas facendo relevos por cursos e utilizando unhas pombas da Paz como testemuñas. A recadación (900 euros) entregouse na Cociña Económica de Ferrol. Premer na imaxe para obter mais información |
||||
MÁIS ACTIVIDADES |
||||
Dende o Seminario Galego de Educación pola Paz propónse unha serie de materiais didácticos : "SOBRE OS DEREITOS HUMANOS", que se poden descargar premendo na imaxe: |
||||
|
||||
Dende o GRUPO DA BIBLIOTECA proponse a lectura e dramatización de libros relacionados coa PAZ. |
||||
"UNA ISLA LEJANA" é o libro recomendado para E. Infantil.
Este libro, tan delicado como un poema, recrea a viaxe en barco dun neno, por unha paisaxe chea de luz e cor. Os tons pastel e a luminosidade das ilustracións fálannos de verán e de sensacións de tranquilidade e harmonía. Trátase dunha aventura sen sobresaltos e, dunha narración musical e envolvente, cun ambiente de tranquilidade e de PAZ. |
||||
"LEONOR Y LA PALOMA DE LA PAZ" é o libro que se vai traballar no 1º ciclo de Primaria. É unha historia sobre a solidariedade e a tolerancia. A pomba da paz ten problemas para levar unha mensaxe a terras afastadas. Atopará na súa viaxe a alguén que queira axudala?
Este é o seu argumento:
Na súa viaxe, a pomba da paz perdeu a súa poliña de oliveira debida ao cansazo. Tentou que varios nenos a axudasen: que lle desen outro ramito de oliveira, que lle desen comida, auga, un lugar onde acubillarse... Pero todos tratábana mal. Por fin atopouse con Leonor, que lle curou unha á ferida e convenceu aos seus amigos para que a axudasen a emprender a viaxe. A pomba da paz puido seguir o seu camiño. |
||||
O libro proposto para 2º e 3º ciclo de E. Primaria é BATALLA DE NAIPES da editorial Kalandraka. Neste libro, a través dos personaxes da baralla, recréase unha aventura histórica, chea de humor e amor, con múltiples guiños e segundas lecturas que nos poñen de manifesto o absurdo das guerras. "Batalla de naipes" é un reflexo dos continuos conflitos nos que se mergullan os humanos.
O rei Sobruto II vivía en permanente disputa co seu veciño rei Afiado I o Cruel. Pasaron longos anos pelexando en encarnizadas loitas que foron minando a riqueza de ambolos reinos. A pesar do gran odio que se profesaban ambos monarcas, o fillo de Sobruto, O Cabaleiro de Alto Plumeiro, e a filla de don Afiado, doña Sota da Espada, estaban profundamente namorados. A súa relación perdurou no tempo, demostrando que o amor era máis forte que a guerra. Para obter máis información do libro e dos seus autores hai que pulsar na imaxe. |
||||
|
||||
CANCIÓN ELEXIDA PARA A PAZ 2009. "No dudaría" (Rosario Flores) | ||||
No seguinte vídeo veredes a canción que eliximos no noso centro para celebrar o día da Paz 2009 Canción: "NO DUDARÍA" Autor: "Antonio Flores" Descargar a letra da canción NO DUDARÍA |
||||
|
||||
DEBUXOS PARA COLOREAR PARA A PAZ | ||||
Preme aquí se queres descargar debuxos sobre a Paz para colorear |
||||
E para rematar pulsa na imaxe para ver esta animación Ver animación a pantalla completa E lembra: "A PAZ É COUSA DE TODOS" |
||||
|
||||
Se premedes na imaxe poderedes acceder aos traballos feitos polo noso alumnado con motivo da conmemoración do día da Paz, así como algunha fotografías do acto de celebración. |
||||
Premendo na imaxe pódese acceder á todas as fotografías do día da Paz. | ||||
Volver a DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA |
||||
|