O NADAL NO MUNDO |
|||||
O grupo de biblioteca, en coordinación co grupo PLAMBE da comarca de Ferrol, propón para estas datas coñecer como se celebra o “Nadal no mundo”. Para iso pensouse en dividir as actividades por ciclos |
|||||
- En E. Infantil: A maleta viaxeira. Mercáronse textos do Nadal e montouse a maleta viaxeira |
|||||
- 1º ciclo Primaria: Os xoguetes. Quen deixa os xoguetes nos diferentes lugares do mundo? |
|||||
- 2º ciclo Primaria: Decoración e comidas. Como se decoran as casas noutros lugares? Que comen por estas datas? |
|||||
- 3º ciclo Primaria: O Aninovo. En todo o mundo comeza nas mesmas datas un novo ano? Os diferentes calendarios. |
|||||
E. Infantil |
1º Ciclo Primaria |
||||
2º Ciclo Primaria Comidas e decoración no Nadal |
3º Ciclo Primaria |
||||
|
|||||
POSTAIS DE NADAL |
|||||
Como nos cursos anteriores, organizado polo departamento de Normalización Lingüística, realizouse o concurso de postais de Nadal. Os nenos e nenas de todo o centro elaboran unha postal para felicitar estas festas, despois elíxese unha de cada ciclo para felicitar o Nadal en nome de toda a comunidade educativa. Estas son as postais que elaborou o noso alumnado neste curso. |
|||||
|
|||||
Pero non só foron esas as postais que fixeron os nosos alumnos e alumnas. Premede nas imaxes e observade |
|||||
LECTURA NO NADAL |
|||||
Non vos esquezades que o Nadal é tamén tempo de lectura e nada mellor que regalar un libro polo Nadal. Dende o noso centro elaboramos unha guía de lectura recomendando uns libros axeitados para cada idade. Para acceder á guía premer na imaxe. |
|||||
ASÍ CELEBRAMOS ESTE ANO O NADAL |
|||||
Para iniciar a celebración do Nadal este curso eleximos a panxoliña "Corre caballito" Premede na imaxe para ver unha presentación da panxoliña. |
|||||
Uns días antes da chegada dos Reis Magos chegou ao noso centro o "Mensaxeiro dos Reis" para recoller as cartas dos nosos alumnos e levarllas aos Reis. O venres chegaron os Reis Magos. O noso alumnado recibiunos con moita ledicia, pero á vez con moito nerviosismo. Chegaron en "jeeps"... pero... mellor mirade as imaxes... |
|||||