O día 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Este día foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar ao alumnado por medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972). |
|||||||||
Foi elixida esta data en conmemoración da morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista. Gandhi naceu na India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios.
|
|||||||||
O día 30 de xaneiro celebramos o Día escolar da Non-Violencia e da Paz. Pero, este día é moito más que unha simple data no calendario; é unha chamada á acción, un recordatorio de que a Paz comeza nas aulas e se espalla a través da educación. Por iso, ao celebrar este día con recursos educativos significativos, contribuímos a formar xeracións comprometidas coa construción dun mundo máis pacífico e respetuoso. Premendo na imaxe accédese a un recompilatorio deses recursos para a Paz: Que é a Paz?, personaxes, contos, música, vídeos, materias diversos e actividades interactivas. |
|||||||||
UN PROXECTO DE PAZ: "MI MOCHILA ES DE LA PAZ" | |||||||||
Queremos que o noso cole sexa un cole de Paz? Debemos preparar a nosa mochila de PAZ CÓMO O FAREMOS? Seleccionaremos os materiais da Paz que levaremos dentro dela facendo un bo uso deles e sobre todo reflexionaremos sobre as actitudes e valores que debemos levar na nosa mochila para crear un clima de convivencia positiva no noso cole. Para acceder a este proxecto de Paz: "MI MOCHILA ES DE LA PAZ" premer na imaxe: |
|||||||||
EDUCACIÓN EN VALORES | |||||||||
A Educación en Valores e o eixe principal para traballar dende a escola a Educación para a Non-Violencia e a Paz. Nesta recompilación, a través de vídeos, trabállanse valores como a amistade, o esforzo, a solidariadade ou a empatía. |
|||||||||
Contos de valoresActividades e contos | |||||||||
CONTOS PARA A PAZ | |||||||||
Non hai mellor recurso que un conto. Premendo na imaxe accédese a unha recompilación de contos coa temática da Paz, contos para traballar valores, contos en castelán e en galego, con vídeos, resumos... |
|||||||||
QUEREDES SABER CÓMO CELEBRAMOS A PAZ NO NOSO CENTRO? Premer na imaxe |
|||||||||