O Magosto é unha festa ou reunión de varias persoas, que se celebra para asar e comer castañas.
En orixe era unha festa de amizade e veciñanza na que os galegos honraban as colleitas.
Hoxe en día, seguímola a celebrar con eses mesmos matices pero engadindo ademáis o de enxalzar a castaña que, ata a chegada da pataca e do millo, despois do descubrimento de América, constituíu a base da alimentación de Galicia e doutras zonas da Península. Tradicionalmente celébrase entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro.
MATERIAL DIDÁCTICO PARA O MAGOSTO
ACTIVIDADES INTERACTIVAS
MÁIS ACTIVIDADES
CONTOS DO MAGOSTO
VÍDEOS
RECOMPILACIÓN DE CANTIGAS DO MAGOSTO E SAMAÍN
No noso colexio celebramos esta festa tradicional galega con xogos, actividades e, por suposto, COMENDO CASTAÑAS!
Premer na imaxe para ver as distintas celebracións