|
||||||
Os días 3 e 19 de maio os alumnos e alumnas de 3º e 4º visitaron o emblemático Barrio da Madalena de Ferrol. Pasearon, aprenderon e descubriron a beleza e a historia deste fermoso barrio, que presenta vivendas engalanadas con galerías, balcóns de ferro forxado e motivos vexetais nas súas facianas. O percorrido foi acompañado da voz de Isabel que trasmitía moitos coñecementos e segredos que se atopan agochados no corazón deste lugar de tableta de chocolate. Vimos edificios dos séculos XVIII, XIX e XX. Deste último século poidemos entrar nun dos moitos edificios deseñados polo xenial arquitecto Rodolfo Ucha, en concreto adentrámonos no Casino Ferrolano. Alí contemplamos con admiración "A Pecera", unha Sala de Conversa adornada polos murais modernistas do célebre pintor mugardés, Felipe Bello Piñeiro. Había piñeiros, xestas, castaños e ata un Sanandresiño!!!
|
||||||
Tamén descubrimos os nomes dos arquitectos que deseñaron este barrio na Praza de Armas, antiga Praza do Carme; amais o nome do mariño Churruca que agocha o lugar onde antigamente se atopaba unha fonte, que se fixo en homenaxe a este heroe da batalla de Trafalgar.
|
||||||
Como colofón, fomos a facer unha visita a Don Emilio, o dono do ultramarinos O Rápido. Isabel contounos que o pai de Emilio emigrou a Arxentina, e alí tivo un establecemento de comidas xusto na parada do tranvía. Ás veces a xente tiña que coller dous tranvías para chegar ao seu destino e mentres esperaban tomaban ou comían algo no negocio do pai de Emilio, pero todo tiña que ser moi rápidooooo!!!! De aí vén o nome do ultramarinos. Pois ben, alí tamén vimos cousas moi antigas coma as lámpadas de gas que colgan do teito ou unha pesa antiga, amais de que atendemos ás explicacións do dono do ultramarinos, que por certo, invitounos a degustar algúns dos seus produtos. Os de 3º comemos castañas pilongas e os de 4º figos de Cáceres.
|
||||||
SE QUEREDES VER TODAS AS FOTOS DESTA ACTIVIDADE PREMEDE NAS DÚAS CÁMARAS DE ABAIXO. FOTOS DE 3º FOTOS DE 4º
|