O mes de maio é, por excelencia, o mes das LETRAS GALEGAS. E para darlle á nosa lingua o protagonismo que se merece, os nenos e nenas escribiron frases en cartolinas para incentivar o idioma galego. A frase seleccionada foi escrita por unha alumna de 6º.
|
||
Este lema foi serigrafiado nun chaveiro, co que se agasallou a toda a comunidade educativa.
|
||
MURAL DE FRASES QUE DESTACAN A IMPORTANCIA DO GALEGO |
||
|
||
O alumnado tamén quixo homenaxear a Florencio Delgado dun xeito creativo. Realizáronse uns libros de lapelas marabillosos, expostos na entrada do cole.
|
||
|
||
MOSTRA DE TRAXE TRADICIONAL GALEGO Os nenos e nenas tamén poideron admirar a beleza do traxe tradicional galego. Da man da profe Antía coñeceron as prendas que o compoñen, aprenderon uns pasos de baile e probaron a tocar a pandeireta.
|
||
|
||