PONTE NO MEU LUGAR

 

 

 

     
   
   
 

 

O alumnado de 6º curso participou no programa de    
          
     "PONTE NO MEU LUGAR"    
   

Un ano máis a asociación de ASPANEPS visitou o noso centro despois do parón ocasionado pola covid, para concienciar sobre a realidade da poboación galega, que está a sufrir un envecellemento, así como dos problemas de accesibilidade e movilidade que isto conleva para as persoas nesta franxa de idade. Incidir ademais, que calquera de nós pode verse afectado nun futuro por algunha problemática deste tipo.

 

   
       
    Podemos entender así as barreiras arquitectónicas que existen para as persoas con mobilidade reducida, intentando concienciar aos nenos e nenas en mellorar a autonomía e o normal desenvolvemento na contorna da nosa cidade.     
       
   

O noso alumnado fai unha auditoría do centro e os seus arredores e amosa as deficiencias atopadas.

   
   

    

 

   
       
   

Para rematar o programa, o noso alumnado fai unha reflexión da problemática que experimentan as persoas con mobilidade reducida, aportando posibles solucións.

Tamén decoraron o lema" PONTE NO MEU LUGAR",  que plasmarían nunhas chapas coas que a organización nos agasallou.

 

     

   
   

ASPANEPS, tamén agasallou ao alumnado de 6º e as respectivas titoras cun caderniño realizado pola propia asociación.

E para as clases recibimos un portabolis e un diploma de participación, así como un manifesto de RENÉ TROSSERO.

 

   
     Máis fotografías premendo na imaxe       

Powered by Drupal - Design by artinet