Na semana do 10 ao 14 de maio o noso colexio estivo a traballar por un lado, a figura de Xela Arias, escritora homenaxeada este ano polo día das Letras Galegas; e por outro lado, estivo a tratar de incentivar a profunda necesidade de darlle a nosa Lingua Galega, o protagonismo que merece, baixo o lema "NON CONFINES O GALEGO".
Polo que se refire a Xela Arias, os alumnos e alumnas do colexio traballamos a súa interesante, polifacética e curta vida da autora de Sarria, amais de textos extraídos de libros coma "Darío a diario", adicado ao seu fillo, entre outros ; ou do conto "A fraga dos paxaros faladores e a fraga Leopardicia". Conto que escribiu aos 11 anos e co que gañou o Primeiro Premio do Concurso de Contos Infantís O Facho da Coruña.
Con respecto á potenciación e defensa do uso da Lingua Galega, os nenos e nenas do noso centro educativo, escribimos palabras e frases incentivas do idioma galego en cartolinas de cores. Estas palabras e frases partían do lema central "NON CONFINES O GALEGO" e estaban agochadas nunhas caixas de lixo e de elementos contaminantes (feitas no noso proxecto da biblioteca). Estas verbas saían do interior da escuridade de devanditas caixas, e estoupaban ao exterior, coa finalidade de chegar o máis lonxe posible, para estimular a todos os galegos e a todas as galegas a falar a nosa Lingua.
VELAÍ AS NOSAS VERBAS SAÍNDO DA ESCURIDADE.
SE QUEREDES VER TODOS OS TRABALLOS FEITOS NAS AULAS, PREMEDE NA IMAXE DE ABAIXO
E para rematar, toda a comunidade educativa tivo un agasallo moi especial. Tratábase dun bolígrafo serigrafiado co
lema .
Máis o bolígrafo tiña unha sorpresa, un recipiente hidroalcólico moi apropiado para a hixiene das mans, nesta situación de pandemia.