|
O padriño da nosa biblioteca,
vén de publicar un fermoso libro de adiviñas titulado
que presentou , o martes, 13 de abril, no Centro Cívico de Canido. Este libro de adiviñas recompila máis de trescentas adiviñas que proveñen da tradición oral, xunto a outras creadas polo propio autor e polo alumnado de dúas aulas de 6º de primaria, alumnos e alumnas que xa están agora no instituto. |
|
O noso centro acompañou a Antón neste acontecemento tan importante e especial, e así poidemos gozar, unha vez máis, das súas verbas, das súas vivencias, experiencias... e, como non podía ser doutro xeito, da súa didáctica. Como o profesor que foi e segue sendo, ensinounos a xogar coas palabras e convidounos a crear as nosas adiviñas. NORABOA A ANTÓN POR ESTE MARABILLOSO LIBRO!! |
||
Animamos á comunidade educativa do Isaac Peral a participar na xornada de sinaturas do libro, o domingo 25 de abril, ás 19 h, na Feira do Libro de Ferrol. Aquí vos deixamos algunhas imaxes do día da presentación. |
||