O entroido chegou ao Isaac Peral nun ano tan especial, mais iso sí con gañas de troula marcada pola COVID. | ||
O pasado venres, 12 de febreiro "celebramos" o entroido da forma máis atípica e estrana que poidéramos imaxinar. Para empezar, unhas fadas recibíronnos coas súas saias de tul vermello, os seus sombreiros e as súas variñas máxicas.
Disque unhas remataban de vir do bautizo da Bela Durminte, outra viña do casamento de Cincenta, outra era a fada dos Dentes de Alemaña ( o Ratiño Pérez, alí non visita aos nenos e nenas), outra era a fada de Azucre que quería máis festa, pois viña do ágape feito ao Crebanoces e a María, no País das Lambetadas. Estos personaxes axitaron as súas variñas e transportáronnos as orixes do Entroido en Galicia. Faláronnos duns personaxes moi distintos a elas (pantallas, cigarróns, peliqueiros...)
Por uns intres fixéronnos esquecer da COVID que estamos a padecer. Durante o recreo e a hora de ler, merendamos as saborosas sobremesas que nos prepararon as nosas familias, tematizadas nesta festa: freixós, orellas, roscas, flores... e outras delicias. Estivemos toda a mañá disfrazados e fomos fotografados para que as nosas familias nos poidan ver nesta noticia.
Axita a variña e verás imaxes deste día.
|
||
Murais feitos polo alumnado |
||